Xa estan colocadiños novamente tódolos libros nos andeis da Biblioteca. Agardan un novo curso para abrir as súas portas outra vez a tódalas nenas e nenos, a tódalas nais, a tódolos pais, a tódalas profes e a tódas cantas persoas se queiran achegar. Durante este curso a nosa Biblioteca prestou 1972 libros. Foi testigo de moitas representacións, de charlas, de contadores de historias, de busqueda de información, en difinitiva, de moitisimas actividades nas que puidemos APRENDER, SOÑAR E IMAXINAR Agora pecha as súas portas durante o verán. Lembrade que segue aberta a Biblioteca Municipal da que todas e todos sodes socias e socios. É unha boa idea LER EN VACACIÓNS
A nosa Escola, un ano máis, participa na festa do Medio Ambiente "VOZ NATURA" 2015 expoñendo os traballos realizados polas nenas e os nenos para esta exposición.