lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ 2023

Conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

Preparamos un mural que levaba como lema "Unha ollada pola paz".

Tamén bailamos e acompañamos, coas nosas pandeiretas, a canción "Non hai fronteiras" das Tanxugueiras.

Finalmente fixemos voar 5 pombas para facer chegar o noso desexo de tolerancia, amor e respecto a todos os lugares do mundo.