Co noso mural, feito con latas de conserva decoradas polas familias, desexámosvos un
FELIZ NADAL!
Dende a Biblioteca Escolar deixamos algunhas propostas de lecturas para as vosas cartas de Papá Noel ou Reis Magos.
Rematamos o 1º trimestre coa visita das SS.MM. os Reis Magos, festa nas aulas e chocolatiño con churros.
Esta semana fixemos un obradoiro de cociña. Os nosos pequenos e pequenas Masterchefs prepararon unhas deliciosas galletas de Nadal.
Un ano máis, o concello de Vilalba, solicitou a colaboración dos centros da vila para adornar no Nadal as árbores da praza da Constitución.
O noso centro, apostando pola reciclaxe creativa, elaborou uns adornos creados con tapóns de leite.
"Familias diversas": un espectáculo da compaía de teatro TRINKE TRINKE coa que desfrutamos fai uns día grazas á ANPA.
Os centros educativos de Vilalba unímonos, neste vídeo, para conmemorar o DÍA DA DIVERSIDADE.
Continuamos co programa "EDUCAR EN IGUALDADE", organizado pola ANPA, para este mes de novembro.
O luns, saímos ao auditorio da vila, para ver o espectáculo de danza pola igualdade: "SUPERPODERES".
Dentro do programa EDUCAR EN IGUALDADE, promovido pola ANPA, a compañía teatral "Ghazafelhos" representou o fermoso conto IRIÑA BAILARINA.
Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propón reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.
O 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o MAGOSTO na escola.
Tivemos a sorte de contar co espectáculo Brinca vai!, de Paco Nogueiras. Grazas á ANPA por traernos esta actuación para amenizar o noso Magosto.
Festexamos o Samaín por todo o alto!
Decoramos os nosos patios con bruxas, monstros e catrinas...
Rematamos o curso con FESTA RACHADA: xogos tradicionais, baile, paracaídas, colchonetas e merendola.
O NOSO INMENSO AGRADECEMENTO Á ANPA POR FACER REALIDADE O SOÑOS DOS MÁIS PEQUEN@S.
O pasado mércores, fixemos un pequeno percorrido polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila, Vilalba.
Visitamos o albergue As Pedreiras, a queixería Prestes, a Torre de Andrade e o Muíño do Rañego.