lunes, 28 de noviembre de 2022

BIBLIOTECA DA IGUALDADE


A biblioteca da igualdade está a viaxar, durante este mes de NOVEMBRO, polas casa do noso pequeno alumnado.

Así, todos os contos que están levando en préstamo teñen como temática a igualdade.

Os fondos son os que temos dispoñibles na nosa biblioteca de centro e outros cedidos pola Biblioteca Municipal.

Esta actividade está enmarcada no Programa sobre Igualdade que cada ano organiza a Anpa.


viernes, 11 de noviembre de 2022

POLO SAN MARTIÑO...CASTAÑAS NO CAMIÑO.

Un MAGOSTO inesquecible.

Unha xornada de xogos tradicionais a cargo da asociación "XOTRAMU" de Muimenta, castañas asadas na escola e baile conxunto para rematar a festa.