viernes, 24 de noviembre de 2023

PRINCIPOS E PRINCESAS

 Esta semana puidemos disfrutar doutra actividade organizada dende a bilioteca coa colaboración da ANPA dentro do "Programa educar en igualdade". Todos os nenos e nenas estiveron moi atentos a novas versións de contos tradicionais. 










martes, 7 de noviembre de 2023

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA A IGUALDADE

     Durante este mes de novembro e en colaboración coa Biblioteca Municipal de Vilalba, os nenos e nenas da escola levarán cada semana un libro prestado coa temática da igualdade. A ANPA agasallóunos cunha mochila para cada neno/a que usarán durante todo o ano para levar os libros que collen na biblioteca do cole. 





lunes, 6 de noviembre de 2023

VISITA DE "MÚSICA MIUDA"

 O xoves 2, grazas a colaboración da ANPA, tivemos a visita do grupo "Música miúda" que nos deleitou con versións adaptadas de contos clásicos cun tóque músical, facendo partícipes ós nenos e nenas en todo momento. 

PASÁMOLO XENIAL!





CELEBRAMOS O SAMAÍN NA ESCOLA

 O martes 31 celebramos na escola o SAMAÍN. Ademáis de facer uns talleres de cociña e maquillaxe, dende a biblioteca un grupo de mestre/as dramatizaron un conto que leva por título "Unha extraña visita".