Aquí queda unha mostra dalgúns dos contos que temos de Nadal na Biblioteca, ideas para pedir ós Reis Magos...
martes, 10 de diciembre de 2024
domingo, 1 de diciembre de 2024
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Este mes de novembro celébrase nas bibliotecas o MES DA CIENCIA, e os nenos e nenas da EEI de Vilalba puideron transformarse en científicos por uns instantes e facer pequenos experimentos na biblioteca do centro. Esta é unha pequena mostra do que fixemos...
jueves, 21 de noviembre de 2024
BIBLIO PATIO
Días chuviosos , días de BIBLIO PATIO. hoxe os nenos/as do cole no patio puideron disfrutar dun tempo de lectura libre.
jueves, 31 de octubre de 2024
SAMAÍN
Para celebrar o día do Samaín no cole, o equipo de biblioteca preparou un pequeno teatro de títeres do conto GUAPA.
jueves, 24 de octubre de 2024
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe , para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS, os nenos/as do centro levaron un marcapáxinas, ademais, as MOCHILAS VIAXEIRAS, comezaron a súa viaxe, cada aula ten unha que pasará polas casa de todos e todas.
Dentro de cada mochila vai un caderno no que cada familia poderá deixar plasmada a súa experiencia con esta actividade.
Dende o Equipo de Biliotecas do centro esperamos que desfrutedes moito dela!!!
jueves, 23 de mayo de 2024
CLUB DE LECTURA
Por primeira vez na escola atrevementos a facer un club de lectura. Esta foi a primeira xuntanza cos nenos e nenas de 6º de infantil e as súas familias, Foi arredor do libro "Mi primer Principito". Cando rematou a conversa, puidemos gozar todos xuntos dunha pequena merenda. Esta nova experiencia foi todo un éxito que seguro volveremos a repetir.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS "CAFÉ CON LETRAS"
Este ano conmemoramos o día das Letras Galegas coa nova iniciativa "Café con letras", achegando aos nosos nenos e nenas a nosa lingua. Dende a EEI de Vilalaba queremos agradecer tanto ao noso alumnado polo seu traballo, ás familias por colaborar coas vosas fotos nas redes sociais e aos establecementos colaboradores por facer posible este proxecto.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLE
Para conmemorar o día das letras galegas o noso alumnado participou nun contacontos levado a cabo por alumnas do Lois Peña Novo. Moitas grazas tamén ao alumnado e profesorado que fixeron posible este encontro.
Ademais os nenos e nenas da escola elaboraron un mural e fixeron nas aulas con actidades para coñecer mellor a Luisa Villalta, a homenaxeada este ano 2024.
DÍA DA FAMILIA
Este ano dende a biblioteca, propúxose conmemorar na escola o día da familia a través do libro "El Hilo invisible". Os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil fixeron unha manualidades para os seus... que levaron para casa con moita alegría.
VIAXE ÁS LAGOAS DE COSPEITO
Onte fixemos unha andaina pola LAGOA DE COSPEITO 🦆💦.
O alcalde explicounos as principais características da contorna mentres que observabamos a fermosa paisaxe. A continuación, demos un paseo, merendamos e para finalizar a xornada, a profe Merce contounos a lenda da lagoa.Foi un día xenial!!viernes, 3 de mayo de 2024
DÍA DO LIBRO 2024
No "Día do Libro" recibimos a visita da escritora e mestra vilalbesa, María Xosé Lamas.
Ademais, seguindo a tradición nesta data, cada neno e nena recibiu un libro(dos fondos da nosa biblioteca) e unha rosa.
lunes, 8 de abril de 2024
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA
Onte desfrutamos dunha xornada na biblioteca municipal de Vilalba.Primeiro,Atenea, a bibliotecaria, explicounos o funcionamento da biblio e o empréstito.Despois, unha moura que vive na charca do Alligal contounos a historia dunha cabra que foi curada das súas enfermidades grazas ás propiedades curativas e ao poder milagroso das augas da charca.
viernes, 8 de marzo de 2024
ROSALÍAS POR UN DÍA
Gracias o préstamo dun roll up de Rosalía feito por o Iescha ( INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS), na escola puidemos ser Rosalía por un día. Todos, nenos/as e adultos fixemos unha foto que quedará para o recordo, e así demos por rematada a semana que traballamos a Rosalía este curso 23-24.
O noso agradecemento o Iescha por contar con nós para esta actividade.
jueves, 7 de marzo de 2024
RETO DO CEIP MANUEL MATO VIZOSO
O CEIP Manuel Mato Vizoso retounos a recitar un poema de Rosalía de Castro, aquí vos deixamos a mostra.
O noso reto vai dirixido ao CEIP Antonio Insua Bermúdez e ao CEIP Aquilino Iglesias. Gracias de antemán pola colaboración.
BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA
Durante este trimestre os nenos/as de 5º de EI da escola, estan traballando o proxecto da Prehistoria, e os nenos e nenas de 6ª de EI o Universo, para iso foron a biblioteca do centro a buscar libros sobre ese tema.
viernes, 23 de febrero de 2024
23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, por iso ó longo desta semana estivemos facendo actividades para coñecela mellor. Ademais fixemos entre todos un mural na entrada do cole, no que debuxamos e coloreamos a Rosalía e compuxemos o seu nome con rosas que fixeron todos os nenos e nenas do centro.
Aquí vos queda mostra de todo elo.
Deixamos dous enlaces para que poidades visionar, un da vida de Rosalía e outro dun dos seus poemas cantado.
miércoles, 21 de febrero de 2024
martes, 20 de febrero de 2024
lunes, 19 de febrero de 2024
POEMA DE ROSALÍA PARA O LUNS
O venres 23 é o día de Rosalía e con ese motivo esta semana dende a Bilioteca buscaronse poemas desta autora tan coñecida, cada día leerase un dos seus poemas na aula, hoxe luns, tocou este...
LECTURA EN FAMILIA
Este trimestre deu comezo a activiade que se propuxo dende a biblioteca de "LECTURA EN FAMILIA"
Os alumn@os de 4º e 5º de E.Infantil reciben ás súas familias para escoitar un conto, unha lenda,unha historia de tradición oral...Moitas grazas ás familias por participar nesta iniciativa.
jueves, 15 de febrero de 2024
EXCURSIÓN A CORUÑA
O pasado mércores o alumnado de 6º de Infantil, saíu de excursión á Coruña. A primeira parada foi nos arredores da Torre de Hércules,onde aproveitando que como proxecto anual estamos traballando "As lendas da nosa contorna", a profe Ana contoulles a lenda que envolve tan famosísimo monumento.
Despois, visitamos o acuario e aprendimos moitas cousas sobre os peixes.
E por último, pola tarde, experimentamos na Casa das Ciencias e vimos unha divertida proxección no Planetario. Foi un día estupendo!
ENTROIDO
Chegou o Entroido! Despois de seguir toda a semana os mandadiños, o venres celebramos a gran festa. Este ano, seguindo o proxecto que sae dende a BIBLIOTECA para todo o centro "As lendas da contorna" disfrazámonos de personaxes de lenda: magos, faunos e trasnos. A media mañá, o alumnado degustou uns boliños aos que invitou a ANPA. A continuación todos baixamos ao patio a desfilar mostrando os nosos disfraces e a bailar as coreografías que se prepararon coa profe Oliva. Moitas grazas a ANPA pola súa colaboración neste día tan especial!
jueves, 1 de febrero de 2024
MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Deron comezo as reunións dos integrantes da microrrede de bibliotecas escolares da Terra Chá, a encarda da biblioteca do noso cole asistiú e trouxo moitas ideas, esperemos seguir adiante nesta nova andaina entre todos os centro adheridos.