domingo, 15 de junio de 2025

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Este año, entre o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizaron, xunto co DO do CEIP Antonio Insúa Bermúdez e os alumnos e alumnas de 1º, unha xornada ben divertida, primeiro dramatizaronnos un conto, logo un pequeno teatriño e por último, os mais maiores leronlle un conto ós mais pequenos en grupos.

Moitas grazas por esta actividade tan divertida!





jueves, 12 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA

Este ano, dentro do programa de Lectura e familia, fixemos dous Clubs de Lectura simultáneos, por un lado os de 6º de EI, que leeron tanto pequenos como maiores "Mi primer principito", e por outro lado, os nenos e nenas de 1º de EP, puideron volver o cole para falar de "Axente Riciños" e de paso reencontrarse con antigos compañeiros...Como remate desta actividade, puideron disfrutar dunha merenda tod@s xunt@s no patio.






lunes, 2 de junio de 2025

MICORREDES

 A MICRORREDES de Bibliotecas Escolares da Terra Chá inaugurará unha exposición dos traballos detodos os centro que participan, dende o luns 2  ata o 13 de xuño., na Escola Habanera de Guitiriz. 

O noso centro, por falta de espazo,  aportou imaxes de todo o que se traballou no PDI durante o curso, así como da exposición que fixemos no Auditorio de Vilalba.










 












sábado, 31 de mayo de 2025

RETO LECTOR MAIO

 Este mes o reto lector da biblioteca Municipal de Vilalba era coller un libro escrito en galego.  Asique escollimos este...







miércoles, 21 de mayo de 2025

EXPOSICIÓN VILALBA E A SÚA CONTORNA

 O PDI deste ano foi "Vilalba e a súa contorna", no segundo trimestre centrámonos nos edificios mais importantes da Vila, asi como en alimentos típicos da zona. Cando rematou o trimestre, fixemos unha exposición nunha sala do auditorio de Vilalba, para que tod@s puidesen visitala. Aquí queda unha pequena mostra de todo o traballo.










lunes, 19 de mayo de 2025

"CAFÉ CON MÚSICA"

 Durante varias semanas no cole os nenos e nenas estiveron escribindo moitas palabras en galego nunha panderetas para poder facer esta actividade...






domingo, 18 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das LETRAS GALEGAS, na escola, esta semana fixemos varias actividades, por un lado entre todos/as elaboramos un mural para a entrada que ten unha canción moi especial... e da que saían moitas palabras relacionadas coa música.


O xoves estiveron con nós as LAMBE-LAMBE, para celebrar con música o día DÍA DAS LETRAS GALEGAS, bailando, cantando e compartindo un  anaquiño da nosa cultura.


O venres fomos á XV Carreira escolar letras galegas, organizada polo Concello , no estadio municipal da Madalena.








sábado, 10 de mayo de 2025

SEMANA DO LIBRO

  Durante a Semana do Libro na escola estivemos facendo entre todos un cómic "OS SUPERHEROES DE VILALBA"

 Ten como protagonista a mascota da biblioteca "SUPER CAPÓN", unha heroína moi especial, "SUPER LIBRINA",  e un malvado vilán "QUEBRA-LIBROS". 

 Os mais pequen@s decoraron o fondo, os de 5º de infantil foron os encardados de colorear os personaxes e os edificios, e os mais maiores tiveron que debuxar e escribir todo o texto....... e como podedes ver quedou un SUPER CÓMIC.



domingo, 27 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

Esta semana, coincidindo co dái do libro, tivemos duas visitas moi interesantes.

Primeiro viñeron os alumnos e alumnas de 2º de primaria do CEIP Antonio Insúa Bermúdez,  contáronnos dous contos que nos gustan moito!!

 O venres visitáronnos os alumnos e alumnas do 5º deo CEIP Manuel Mato Vizoso, para deleitarnos con outros dous fermosos contos, e cuns marcapáxinas que de seguro imos dar bo uso...

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S,

esperamos que o pasarades tan ben como nós.







miércoles, 16 de abril de 2025

LECTURA NO PATIO

 Aproveitando que esta semana fixo uns días estupendos decidimos sacar a biblioteca ó patio, e que así os nenos e nenas da escola puideran gozar dos contos no tempo de lecer.




viernes, 4 de abril de 2025

LECTURA EN FAMILIA

 Xa foron moitas as familias que viñeron á aula dos seus fillos e fillas a leer un conto. 

Moitisimas grazas pola vosa participación un ano mais...











jueves, 3 de abril de 2025

RETO LECTOR DE MARZO

 Este mes coincidindo con que se achegaba o 2 de abril, no que se conmemora o Día Mundial da concienciación sobre o autismo, e cumplindo tamén co reto que se nos propoñía no mes de marzo:  "escrito por unha muller", collimos prestado na Bilbioteca Municipal este libro:





sábado, 22 de marzo de 2025

ROBÓTICA

    Estes días na biblioteca puidemos gozar dunhas xornadas de robótica... aproveitando o PDI deste ano, "Vilalba e a súa contorna", traballamos diferentes edificios e lugares de Vilalba, axudándonos do robot, e facendo así unha actividade na que os nenos e nenas desfrutaron moito.



miércoles, 19 de marzo de 2025

OBRADOIRO "LECTURA E FAMILIA"

    Hoxe tivemos a visita de Charo Pita, con ela fixemos un obradoiro dentro do programa "Lectura e Familia". Todo un éxito encanto á participación das familias..
    Mostrounos diferentes maneiras de ler e xogar cos libros, pasámolo moi ben pequenos e maiores, ó mellor poder desfrutalo todos/as en familia...
    Grazas a todas as familias por participar.















lunes, 17 de marzo de 2025

DÍA DO CÓMIC

   Hoxe 17 de marzo celébrase o día do cómic, por iso dende a biblioteca fixemos unha pequena selección de cómics para que os nenos e nenas leven a casa durante esta semana, ademais entre todos e todas estamos a facer un cómic cuns personaxes  moi especiais, dentro de pouco ensinaremos o resultado.




jueves, 13 de marzo de 2025

8M DÍA DA MULLER

      Isto era o que poñía a tarxeta que acompañaba unha pequena planta, que        levaron todos os nenos e nenas do cole para  a súa casa para celebrar o 8M, e así agasallar á MULLER mais importante da súas vidas...

  "Pensando e pensando, querendo e querendo, descubrín que tieres a muller mais importante da miña vida".







sábado, 1 de marzo de 2025

ENTROIDO NA ESCOLA

 Como todos os anos celebramos o ENTROIDO na escola, primeiro cumprindo os mandatos do Meco para cada día da semana. E o venres, cun pasarruas organizado polo Concello no que participan os centro escolares da Vila, no noso caso e partindo do PDI "Vilalba e a súa contorna" ,que se propuxo dende a biblioteca, e que se está a traballar mais en profundidade durante o segundo trimestre disfrazámonos de Capóns de Vilalba e de criadoras.