Para celebrar o día das LETRAS GALEGAS, na escola, esta semana fixemos varias actividades, por un lado entre todos/as elaboramos un mural para a entrada que ten unha canción moi especial... e da que saían moitas palabras relacionadas coa música.
O xoves estiveron con nós as LAMBE-LAMBE, para celebrar con música o día DÍA DAS LETRAS GALEGAS, bailando, cantando e compartindo un anaquiño da nosa cultura.
O venres fomos á XV Carreira escolar letras galegas, organizada polo Concello , no estadio municipal da Madalena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario