miércoles, 20 de noviembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Día Universal do NENO: 20 de novembro.

 Hai moito tempo, despois da primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa Egantyne Jebb, á que encantabanlle os nenos e nenas, creou uunha orgaización no seu país para axudarlles.Pensou que deberían ter uns dereitos e viaxou ata Xinebra para contarllo ao Presidente da Cruz  Vermella, que era Gustav Ader.



Alí crearon a "Unión Internacional de Socorro a los Niños",  conseguiu que as Nacions Unidas se reunieran outra vez e  pensaran todas xuntas cales eran as cousas que necesitaban os nenos e nenas.

 Despois de moito traballo  lograron que no 1959 aprobaran a "Declaración dos Dereitos do Neno" na que se recollen os dez dereitos ou principios.

Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

No hay comentarios:

Publicar un comentario