jueves, 29 de enero de 2015

BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

 

 INFORMACIÓN

Homenaxe a Castelao en Lugo

      En Lugo, a biblioteca pública convida a cidadanía a se achegar á vida e obra de Castelao a través dunha mostra bibliográfica que se poderá ver ata o 14 de febreiro. Ademais, o venres 30, ás 18 horas, convidará os máis novos a participar no obradoiro de ilustración ‘Mundos de papel’. Noemí López será a encargada de lles descubrir aos nenos e nenas de 4 a 12 anos enxeñosas técnicas para trasladar ao papel o imaxinario dunha historia. Para participar, cómpre inscribirse na sala infantil da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario