sábado, 30 de mayo de 2015

COCIÑANDO CONTOS

               Hoxe para rematar as actividades de Maio, o mes das LETRAS GALEGAS, tivemos contacontos  Durante toda a maña tódalas nenas e nenos e profes da Escola pasamos pola Biblioteca .
             Escoitamos os contos do "Galo traganoces", "A sopa verde",  " A sopa queima" e " Hansel e Gretel" contados por Raquel que tivo o detalle de agasallarnos cunha pedriña cargada coa luz da lúa. Esa pedriña temos que gardala baixo o colchón ou nunha caixiña na mesiña de noite e nunca máis imos ter medo das bruxas e imos sempre ter bonitos soños.




No hay comentarios:

Publicar un comentario