sábado, 31 de mayo de 2025

RETO LECTOR MAIO

 Este mes o reto lector da biblioteca Municipal de Vilalba era coller un libro escrito en galego.  Asique escollimos este...







miércoles, 21 de mayo de 2025

EXPOSICIÓN VILALBA E A SÚA CONTORNA

 O PDI deste ano foi "Vilalba e a súa contorna", no segundo trimestre centrámonos nos edificios mais importantes da Vila, asi como en alimentos típicos da zona. Cando rematou o trimestre, fixemos unha exposición nunha sala do auditorio de Vilalba, para que tod@s puidesen visitala. Aquí queda unha pequena mostra de todo o traballo.










lunes, 19 de mayo de 2025

"CAFÉ CON MÚSICA"

 Durante varias semanas no cole os nenos e nenas estiveron escribindo moitas palabras en galego nunha panderetas para poder facer esta actividade...






domingo, 18 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das LETRAS GALEGAS, na escola, esta semana fixemos varias actividades, por un lado entre todos/as elaboramos un mural para a entrada que ten unha canción moi especial... e da que saían moitas palabras relacionadas coa música.


O xoves estiveron con nós as LAMBE-LAMBE, para celebrar con música o día DÍA DAS LETRAS GALEGAS, bailando, cantando e compartindo un  anaquiño da nosa cultura.


O venres fomos á XV Carreira escolar letras galegas, organizada polo Concello , no estadio municipal da Madalena.








sábado, 10 de mayo de 2025

SEMANA DO LIBRO

  Durante a Semana do Libro na escola estivemos facendo entre todos un cómic "OS SUPERHEROES DE VILALBA"

 Ten como protagonista a mascota da biblioteca "SUPER CAPÓN", unha heroína moi especial, "SUPER LIBRINA",  e un malvado vilán "QUEBRA-LIBROS". 

 Os mais pequen@s decoraron o fondo, os de 5º de infantil foron os encardados de colorear os personaxes e os edificios, e os mais maiores tiveron que debuxar e escribir todo o texto....... e como podedes ver quedou un SUPER CÓMIC.