viernes, 22 de febrero de 2013

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro (2013)


                                                                                ROSALIA DE CASTRO


Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
¡Non che teño medo, moucho;    
moucho, non che teño medo!
A Celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, é unha data sinalada para o noso país. Este ano cúmprense os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos", libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. A Biblioteca da nosa Escola xunto ás bibliotecas escolares galegas súmanse a esta celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario