jueves, 7 de febrero de 2013

MARCA PÁXINAS PARA AS LECTURAS DE ENTROIDO


NESTAS VACACIÓNS DE ENTROIDO XA PODES LER E AXUDAR A MAMÁ E A PAPÁ A  COCIÑAR

 INFORMACIÓN SOBRE O PILIQUEIRO DE LAZA-OURENSE
A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.
O traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros vai un pano despurundado á chaqueta.
Unha gran faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Laza.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario