miércoles, 20 de marzo de 2013

22 DE MARZO DIA MUNDIAL DA AUGA

       
           
                                         REFRANS
  Chova ou non chova, pan ha haber de sobra.               
           
   A auga de abril enche o cano e o carril.                     
                                  
   Abril que non chove deixa o labrego pobre.

   Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil.

   Auga de abril e xeada de maio herba para todo ano.

   Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir.

   En abril cada pingueira de auga vale por mil.

   De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.

   Xeada na lama, auga na cama.

   Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.

   Auga miúda, vendaval que dura.

   Auga de mediodía, auga para todo o día.

   Auga de trebón nunha parte dá e noutra non.

   Auga enriba de auga non lixa nin lava.

   Cando chove, chove; cando neva, neva; cando chove e vai vento, mal tempo.

   Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.

   Auga en outono, non lle convén ao xornaleiro nin ao seu dono.

   Bote Deus auga, que feito está onde caia.

   Cando chove e vai vento, pecha a porta e queda dentro.
  LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE DIA :
O Home da auga
Un día de lluvia
Tres princesas namoradas                            
A Tartaruga que quería durmir
Cando chove
Chuzos de punta
Cantas pingas na cidade


No hay comentarios:

Publicar un comentario