miércoles, 6 de marzo de 2013

8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES



      O 8 de Marzo celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.

        Para celebrar este día desde a Biblioteca da nosa Escola, temos programadas diferentes actividades. Imos ter Contacontos e en colaboración co CIM (Centro de información á muller) do Concello de Vilaba teremos unha animadora á lectura que vainos contar  unha historia sobre gatas e gatos e  faremos un mural entre todas e todos.

MULLERES GAÑADORAS DO PREMIO NOBEL

    O Premio Nobel é outorgado anualmente pola Real Academia Sueca das Ciencias, A Academia Sueca, O Instituto Karolinska e o Comité Moruego del Nobel conceden o premio ás persoas que fan contribucións sobresaintes nos campos da Química, Física, Literatura, Paz, Fisioloxía ou Mediciña e Economía. 

     Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel está Madam Curie que gañou o de Física  en 1903 xunto so seu marido.É a única muller que ganou o  Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 ganou o de Química. A súa filla Irène JOliot- Curie, ganou o de Química en 1935.

   Doce mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, doce o de Literatura, dez o de Fisioloxía ou Mediciña, catro o de Química, duas o de Física e so unha muller o de Economía. Como curiosidade sinalar que 2009 foi o ano en que resultaron gañadoras do premio  un total de cinco mulleres.

 ALGUNHAS MULLERES CIENTÍFICAS

 HIPATIA.
Filósofa neoplatónica destaca en matemáticas e astronomía.

 MARIE CURIE.
Investigadora da radioactividade.
 JANE GOODALL.
Primatóloga, estudiou o uso de ferramentas  nos chimpancés.
 ROSALIND FRANKLIN.
Biofísica crucial para o coñecemento do ADN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario