Un ano mais queremos dar as grazas ao Iescha, por colaborar coa escola o Día de Rosalía de Castro, nesta ocasión dándonos unhas máscaras de Rosalía para cada neno e nena. Pola parte traseira da máscara pegamos un código QR no que podedes ver os nenos e nenas cantando o poema "Has de cantar".
lunes, 24 de febrero de 2025
domingo, 23 de febrero de 2025
POEMA ROSALÍA DE CASTRO
Estes días os nenos e nenas da EEI de Vilalba estiveron aprendendo un anaco do poema "Has de cantar" do libro de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, aquí podedes ver o resultado!
sábado, 22 de febrero de 2025
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, durante esta semana na biblioteca fixemos un mural entre todos os nenos e nenas da escola, para a súa realización tivemos como referencia o mural que está situado no lateral dun inmoble da rúa Conde Pallares, no entorno da torre dos Andrade, obra do deseñador Van Kraft.
domingo, 16 de febrero de 2025
martes, 4 de febrero de 2025
RETO LETOR MES DE XANEIRO
Este mes de xaneiro para o RETO LECTOR da Biblioteca municipal, había que coller un libro que fora recomendado por outra persoa, esta foi a a nosa elección... "RIZOS DE OURO E OS TRES OSIÑOS"
lunes, 3 de febrero de 2025
sábado, 1 de febrero de 2025
DÍA DA PAZ
Durante esta semana na escola construimos un mural entre todas , a partir dun libro que temos na biblioteca que se titula "Mans".