domingo, 26 de febrero de 2023

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES DE VILALBA



O pasado venres, os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil, visitaron a Residencia de Maiores de Vilalba para cantarlles e bailarlles aos residentes cancións de onte, "O Pirimpimpín), e de hoxe, "Terra" das Tanxugueiras.

Esta fermosa e emotiva visita enmárcase dentro do CP Inclúe e do PDI "Os nosos maiores", proposto polo equipo de biblioteca para este curso.

jueves, 23 de febrero de 2023

ETERNA ROSALÍA

No día de hoxe, homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO

Elaboramos este fermoso mural onde, cada pombiña, recolle unha estrofa do poema "Adiós ríos, adiós fontes", escrito polo alumnado.


Ademais colaboramos co IESCHA (Instituto de Estudos Chairegos), no marco das Xornadas Rosalianas que está levando a cabo. O IESCHA, solicitou a colaboración dos centros educativos a vila para decorar pensamentos (flor favorita da escritora). 


Fai uns días, membros do Centro Ocupacional, viñeron a recoller eses pensamentos que no día de hoxe foron prantados no parque de Rosalía de Castro de Vilalba.






Agora, uns minutiños musicais para este día.


martes, 21 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023: "OS NOSOS MAIORES"

Como xa vén sendo habitual, o Entroido deste curso estivo vencellado ao tema do Proxecto Documental Integrado e do Programa Inclúe-t.

Unha viaxe ao noso pasado e ás nosas raíces.