viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO DE CONTO: "ÉRASE UNHA VEZ"

Como non podía ser doutro xeito, o Entroido deste curso estivo vencellado ao Proxecto Documental Integrado coordinado desde a biblioteca e adicado aos contos tradicionais.









jueves, 24 de febrero de 2022

"TESOUROS DO CAMIÑO"

Hoxe tivemos a ocasión de desfrutar do espectáculo de monicreques "TESOUROS DO CAMIÑO"actividade na que os protagonistas pasaron por diferentes aventuras percorrendo o Camiño de Santiago.


O espectáculo enmárcase no Plan Proxecta "Vexo, Veo Xacobeo" no que participa a nosa escola.




miércoles, 23 de febrero de 2022

SEMPRE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍAÉ a primeira vez que se celebra nesta data xa que, a nova documentación atopada, acredita como data do nacemento real de Rosalía de Castro o día 23 de febreiro e non o 24.


Coa colaboración de todo o alumnado da escola, elaboramos este mural coa flor favorita de Rosalía: o pensamento.



En cada pétalo, cada curso, escribiu unha frase ou estrofa dalgún poema de Rosalía.