Este ano para celebrar o día de Samaín dende a biblioteca fíxose un teatrillo do conto Lobo Feroz, moitas grazas a Oliva, Anxo, Merce e Jeni por ternos preparado esta actividade tan divertida.
BIBLIOINFANTIL VILALBA
lunes, 2 de noviembre de 2026
domingo, 25 de octubre de 2026
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Este ano para celebrar o día das Bibliotecas Escolares, dende a biblioteca preparouse unha actividade "CITA A CEGAS CON UN CONTO", En cada aula apareceron o venres pola mañá tres contos envoltos en papel de periódico, os nenos e nenas tiveron que escoller un para ler, sen ver cal era.
Ademais como todos os anos, este día comeza o camiño das MOCHILAS VIAXEIRAS, que visitarán as casas de todos os nenos e nenas ó longo deste curso.
domingo, 14 de junio de 2026
LeConnós
O parque de Rosalía de Castro converteuse o pasado martes nun
gran espazo para compartir lectura e tempo xuntos coa primeira
edición da quedada de lectura ao aire libre.
Unha actividade impulsada pola Biblioteca Municipal que foi
posible grazas á colaboración das bibliotecas do IES Basanta
Silva, IES Lois Peña Novo, EEI de Vilalba, CEIP Antonio Insúa
Bermúdez e CEIP Monseivane e CEIP Manuel Mato Vizoso.
Ademais, a lectura estivo acompañada de música en directo da
man do alumnado do Conservatorio de Vilalba e as persoas
particiapantes puideron levar tamén libros de agasallo para
seguir disfrutando da lectura.
Grazas a todas as persoas que vos achegastes e que fixestes
desta actividade unha tarde para ler.
EXCURSIÓN Ó CASTRO DE VILADONGA
Como actividade final do PDI deste curso, todo o centro fixo unha excursión ó Castro de Viladonga, onde ademais de poder ver a exposición de todas as bibliotecas que forman parte da Microrrede de bibliotecas da Terra Cha, tivemos a oportunidade de practicar cun pequeno tear que cada neno/a puido levar para a casa, e puidemos aprender algo mais sobre o mundo castrexo.
jueves, 4 de junio de 2026
APADRIÑAMENTO LECTOR
Un ano mais o equipo de biblioteca, organizou puidemos outra xuntanza co CEIP ANTONIO ÍNSUA BERMÚDEZ, para facer o apadriñamento lector, nesta ocasión acompañáronnos os nenos e nenas de 2º de primaria.
Moitas grazas por facerlles pasar un bo rato ós nenos pequenos.
jueves, 28 de mayo de 2026
CLUB DE LECTURA
Este martes puidemos desfrutar un ano mais do club de lectura organizado polo equipo de biblioteca do cole, os nenos e nenas de 6º de infantil, e as súas familias, intercambiaron opinións, experiencias e impresións sobre o conto elixido todo e logo desfrutar dunha pequena merenda...
TRINKE TRINKE
Outra das actividades que fixemos dentro do programa LECTURA E FAMILIA, foi unha tarde coa compañía de teatro TRINKE TRINKE, e o seu espectáculo "Un agasallo para Lili"
Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites.E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia. Sesión na que se trata a importancia dos límites na educación.
Unha tarde para desfrutar en familia...
CONSERVA O GALEGO
A semana das Letras Galegas, e baixo o lema "Conserva o Galego" os nenos e nenas da escola de Educación Infantil, fomos repartindo polas rúas de Vilalba unha latas de conserva moi especiais, nas que ian escritas palabras en galego... foron xornadas moi divertidas tanto para os nenos/as como para as persoas da Vila.
domingo, 17 de mayo de 2026
LETRAS GALEGAS
Este ano na semana das Letras Galegas confeccionamos un mural entre todos e todas, que como lema
ten: "CONSERVA O GALEGO", cada familia aportou unha lata de conserva, no cole cada neno/a
escribiu unha palabra que elixiu e entre todos montamos o mural.
sábado, 16 de mayo de 2026
AS MULLERES DO LIÑO DE INSUA
Dentro da PDI do cole, e en colaboración coa MICRORREDE DA TERRA CHA, no terceiro trimestre tivemos a visita das Mulleres do liño de Ínsua, con elas estivemos aprendendo cal é o proceso do grao de liño ata converterse en tea.
jueves, 14 de mayo de 2026
EXPOSICIÓN MICROREDES DA TERRA CHA
Un ano mais a EEI de Vilalba participa na exposición da Microrrede da Terra Chá, este curso como tema:
“Do ser e do facer chairego”.
O acto terá lugar o vindeiro 18 de maio ás 10:15 horas no Museo do Castro de Viladonga. Esta exposición é o resultado dun traballo colaborativo desenvolto polos centros educativos que integran a Microrrede da Terra Chá, poñendo en valor a identidade, a cultura e as tradicións da nosa comarca. No acto de inauguración haberá varias intervencións para presentar diferentes oficios tradicionais relacionados e vinculados á nosa zona.
No noso caso, traballamos "do gran á tea: o camiño do liño" coas Mulleres do liño de Ínsua.
lunes, 11 de mayo de 2026
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano as Letras Galegas están adicadas a
Begoña Caamaño, asique no cole empezamos por
leerlles ós nenos e nenas o conto dos
Bolechas.
viernes, 8 de mayo de 2026
ACTUACIÓN DA ORQUESTRA FANTASMA
Dentro do programa LECTURA E FAMILIA, unha das actividades
de este curso foi a actuación da ORQUESTRA PANTASMA, o
martes pola tarde, donde tanto maiores como nenos pasaron un
momento moi divertido disfrutando en familia. Aquí vos deixamos a
proba...
Moitas grazas ás familias pola alta participación.
jueves, 7 de mayo de 2026
RETO LECTOR MAIO
Este mes de maio, o RETO LECTOR, é un libro
en GALEGO, para dar homenaxe ó mes das Letras
Galegas...
jueves, 23 de abril de 2026
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de abril, celebramos o día do libro, ademais de agasallar ós nenos e nenas coa lectura dun conto. Durante esta semana estivemos facendo uns marcapáxinas, que levaron hoxe para casa, baixo o lema:
"Un libro é un soño que tes nas tuas mans"
jueves, 9 de abril de 2026
miércoles, 18 de marzo de 2026
RETO LECTOR MARZO
No mes de marzo continuamos co reto lector da Biblioteca Municipal de Vilalba, nesta ocasión tiñan que ser libros de AUTORÍA FEMININA.
jueves, 5 de marzo de 2026
V ENCONTRO DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA TERRA CHÁ
O pasado martes tivo lugar no CEIP Antonio Ínsua Bermúdez, o V ENCONTRO DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA TERRA CHÁ, unha xornada que permitiu poñer con común ideas, e propostas , todas elas encamiñadas á exposición que terá lugar en maio. Moitas grazas por toda a organización.
miércoles, 4 de marzo de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Un ano mais, recibimos a carta do Iescha para pedirnos a colaboración para homenaxear a Rosalía de Castro, moitas grazas por contar sempre con nos.
O Centro ocupacional de Vilalba fixo unha árbore para cada centro moi especial, unha vez que esta árbores estivo no noso cole, todos os nenos e nenas pintaron unha flor en forma de corazón para enche esa fermosa árbore de follas. Aquí vos deixamos mostra de todo isto.
lunes, 2 de marzo de 2026
RETO LECTOR DE FEBREIRO
E seguimos co Reto Lector proposto pola biblioteca, este mes
adicado á ARTE, e estivemos lendo estes contos...
domingo, 22 de febrero de 2026
LIBROS ENTROIDO
Estes son dous do libros que mercamos na nosa biblioteca, para
traballar o ENTROIDO , con nenos e nenas, ademais de algún
outro que aportaron as familias.
martes, 17 de febrero de 2026
PREPARACIÓN PARA O ENTROIDO 2026
Este ano, e partindo do PDI proposto pola bilioteca "Sentido o noso", durante todo o ano estamos traballando aspectos da cultura galega, e como non podía ser doutra maneira, no entroido centrámonos nos PELIQUEIROS, unha tradición que ven de moitos anos atrás.
Por iso decidimos disfrazarnos de Peliqueiros, estivemos traballando entre todos e todas no disfrace, ademais de aprender novas cousas desta tradición. De todo isto deixamos algunha mostra a continuación.
jueves, 5 de febrero de 2026
RETO LECTOR 2026
Este curso a dende a nosa biblioteca volvímonos a animar a participar no RETO LECTOR, que propón a Bilioteca Municipal de Vilalba.
Neste mes de XANEIRO , o reto é: LIBRO ILUSTRADO
domingo, 1 de febrero de 2026
DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA
Durante esta semana, na biblioteca estivemos contando varios contos nos que os centros de interese era a PAZ, e todos os valores que implican, para iso usamos os contos que temos no noso catálogo.
domingo, 18 de enero de 2026
RECOMENDACIÓNS DE INVERNO
Estes son algúns dos contos do inverno, que sacamos fóra da biblioteca , e tamén unhas recomendacións para para as familias de contos coa temática desta época.
viernes, 26 de diciembre de 2025
O NADAL E O APALPADOR
Este ano aproveitando que o PDI que desenvolve o centro é "SENTINDO O NOSO" traballamos cos pequenos e pequenas a figura do Apalpador, para iso limos varios contos durante estas datas, e para rematar tivemos a tan esperada visita deste personaxe.




.png)




.png)
.png)





.png)






.png)













.png)





.gif)






