martes, 22 de junio de 2021

FESTA FIN DE CURSO 2020/2021

Rematamos o curso con FESTA RACHADA: xogos tradicionais, baile, paracaídas, colchonetas e merendola. 

O NOSO INMENSO AGRADECEMENTO Á ANPA POR FACER REALIDADE O SOÑOS DOS MÁIS PEQUEN@S.







domingo, 13 de junio de 2021

DE CAMIÑATA!

O pasado mércores, fixemos un pequeno percorrido polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila, Vilalba.

Visitamos o albergue As Pedreiras, a queixería Prestes, a Torre de Andrade e o Muíño do Rañego.






domingo, 6 de junio de 2021

REVISTA: "A CARRILANA DAS NOVAS"

Traemos nova edición da nosa revista escolar "A Carrilana das Novas".

Nela lembramos os proxectos, conmemoracións, festas e os mellores momentos que compartimos neste curso tan intenso.


jueves, 3 de junio de 2021

SAÍMOS NO PROGRAMA "OS BOLECHAS NO COLE"


Recentemente, a nosa escola, saíu no programa da TVG: "OS BOLECHAS NO COLE". Demos a coñecer o proxecto realizado durante o primeiro trimestre, adicado ao "DINOSAUROS".


Picando na imaxe, podedes ver o capítulo emitido. 


E aquí un vídeo máis amplo, feito polo equipo de TICS, con todo o que fixemos no proxecto.