Esta semana puidemos disfrutar doutra actividade organizada dende a bilioteca coa colaboración da ANPA dentro do "Programa educar en igualdade". Todos os nenos e nenas estiveron moi atentos a novas versións de contos tradicionais.
viernes, 24 de noviembre de 2023
martes, 7 de noviembre de 2023
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA A IGUALDADE
Durante este mes de novembro e en colaboración coa Biblioteca Municipal de Vilalba, os nenos e nenas da escola levarán cada semana un libro prestado coa temática da igualdade. A ANPA agasallóunos cunha mochila para cada neno/a que usarán durante todo o ano para levar os libros que collen na biblioteca do cole.
lunes, 6 de noviembre de 2023
VISITA DE "MÚSICA MIUDA"
O xoves 2, grazas a colaboración da ANPA, tivemos a visita do grupo "Música miúda" que nos deleitou con versións adaptadas de contos clásicos cun tóque músical, facendo partícipes ós nenos e nenas en todo momento.
PASÁMOLO XENIAL!
CELEBRAMOS O SAMAÍN NA ESCOLA
O martes 31 celebramos na escola o SAMAÍN. Ademáis de facer uns talleres de cociña e maquillaxe, dende a biblioteca un grupo de mestre/as dramatizaron un conto que leva por título "Unha extraña visita".