viernes, 13 de marzo de 2020

MATRICULA CURSO 20/21


ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2020/2021

NORMATIVA 
O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO
  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
  • 5º Infantil (4 anos): 20 prazas.
  • 6º Infantil (5 anos): 12 prazas.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 1 ao 20 de marzo (debido a festividade do 19 de marzo e a aprobación do día 20 como día non lectivo escollido por todos os centros de Vilalba, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o martes 24 de marzo).

HORARIO
De 9:30 a 11:30 h.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
  • Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
  • Cuestionario sobre a lingua materna.
  • Opción sobre o ensino de relixión.

Estes tres últimos documentos pódense descargar picando aquí.


CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 
  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 24 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.


IMPORTANTE
  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.
  • Segundo a Resolución de 26 de febreiro de 2020, para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado no curso 2020-2021, conforme o resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G". Así mesmo, as que afectan ao segundo apelido son as letras "E" e "X".

AVISO IMPORTANTE





IMPORTANTE: SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA


XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

Como medida preventiva fronte ao avance do CORONAVIRUS, a Consellería de Educación suspende a actividade lectiva dende o vindeiro luns 16 de marzo.
Informar ás familias do noso alumnado que mañá, venres 13 de marzo, a nosa escola permanecerá ABERTA (no horario habitual) para recibir o alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.

Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través desta páxina web.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN AO CORONAVIRUS


XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

A última hora desta tarde recibimos da Consellería de Educación as seguintes medidas que deberán adoptar todos os centros de ensino en relación coa pandemia CORONAVIRUS (COVID-19), durante os 14 días naturais contados dende o luns 16 de marzo de 2020.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.

  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +

  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.

  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.

  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.

  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

 

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.

  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.

  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.