sábado, 24 de diciembre de 2022

BO NADAL E FELIZ 2023!

Co mural de Nadal que preside o patio da escola, feito con adornos realizados polas familias empregando elementos naturais, desexamos a toda a comunidade educativa un 

FELIZ NADAL! 






jueves, 22 de diciembre de 2022

FESTA DE NADAL 2022

Broche final do trimestre coa visita das SS.MM. os Reis Magos e chocolate con churros.







miércoles, 21 de diciembre de 2022

lunes, 12 de diciembre de 2022

ADORNOS PRAZA DA CONSTITUCIÓN 2022

Como xa é tradición, o concello de Vilalba, solicitou a colaboración dos centros educativos para adornar as árbores da praza da Constitución durante o Nadal.

O noso centro, apostando pola reciclaxe creativa, elaborou uns adornos creados con caixas vellas de zapatos e papeis de xornais.

Presentamos a nosa árbore dos agasallos.











jueves, 1 de diciembre de 2022

PROGRAMA EDUCAR EN IGUALDADE




Rematamos o ciclo de actividades do "IV Programa Educar en Igualdade", organizado pola ANPA, para este mes de novembro.

lunes, 28 de noviembre de 2022

BIBLIOTECA DA IGUALDADE


A biblioteca da igualdade está a viaxar, durante este mes de NOVEMBRO, polas casa do noso pequeno alumnado.

Así, todos os contos que están levando en préstamo teñen como temática a igualdade.

Os fondos son os que temos dispoñibles na nosa biblioteca de centro e outros cedidos pola Biblioteca Municipal.

Esta actividade está enmarcada no Programa sobre Igualdade que cada ano organiza a Anpa.


viernes, 11 de noviembre de 2022

POLO SAN MARTIÑO...CASTAÑAS NO CAMIÑO.

Un MAGOSTO inesquecible.

Unha xornada de xogos tradicionais a cargo da asociación "XOTRAMU" de Muimenta, castañas asadas na escola e baile conxunto para rematar a festa.











viernes, 28 de octubre de 2022

SAMAÍN 2022

Chegou o Samaín!! Un dos festexos que máis nos gusta do curso.

Toda a semana estivemos a preparar traballiños que expuxemos na entrada da nosa escola para crear un ambiente terroríficamente fermoso.

Chegado o día, todo comezou nas aulas cuns obradoiros de maquillaxe para caracterizarnos para a gran festa!! 

Tamén, puidemos desfrutar da representación do conto "A bruxa enrabechada";actividade proposta pola biblioteca. 

Despois, bailamos as cancións que estivemos preparando coa profe Fidelina, nas sesións de Inglés, e as que preparamos coa profe Oliva.

Finalmente, rematamos a festa con bailes de diferentes cancións de Samaín que nos encantan.

Pasámolo xenial!!!










miércoles, 26 de octubre de 2022

LA ESTRELLA ALCANZAR

Nesta semana adicada ás bibliotecas, convidamos ás familias a ver na escola a curtametraxe "LA ESTRELLA ALCANZAR". 

Unha historia chilena que aborda a importancia de inculcar aos nenos e nenas o gusto polo mundo máxico dos contos e libros, dende idades temperás.