viernes, 24 de diciembre de 2021

BO NADAL!

Co noso mural, feito con latas de conserva decoradas polas familias, desexámosvos un 

FELIZ NADAL!



miércoles, 22 de diciembre de 2021

martes, 21 de diciembre de 2021

FESTA DE NADAL 2021

Rematamos o 1º trimestre coa visita das SS.MM. os Reis Magos, festa nas aulas e chocolatiño con churros.












sábado, 18 de diciembre de 2021

OBRADOIRO DE GALLETAS DE NADAL

Esta semana fixemos un obradoiro de cociña. Os nosos pequenos e pequenas Masterchefs prepararon unhas deliciosas galletas de Nadal.






jueves, 16 de diciembre de 2021

A NOSA ÁRBORE DE NADAL NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA

Un ano máis, o concello de Vilalba, solicitou a colaboración dos centros da vila para adornar no Nadal as árbores da praza da Constitución.

O noso centro, apostando pola reciclaxe creativa, elaborou uns adornos creados con tapóns de leite.










miércoles, 8 de diciembre de 2021

"FAMILIAS DIVERSAS"

"Familias diversas": un espectáculo da compaía de teatro TRINKE TRINKE coa que desfrutamos fai uns día grazas á ANPA.






viernes, 3 de diciembre de 2021

viernes, 26 de noviembre de 2021

A DANZA E A IGUALDADE

Continuamos co programa "EDUCAR EN IGUALDADE", organizado pola ANPA, para este mes de novembro.

O luns, saímos ao auditorio da vila, para ver o espectáculo de danza pola igualdade: "SUPERPODERES".






viernes, 19 de noviembre de 2021

TEATRO PARA IGUALDADE: "IRIÑA BAILARINA"

Dentro do programa EDUCAR EN IGUALDADE, promovido pola ANPA, a compañía teatral "Ghazafelhos" representou o fermoso conto IRIÑA BAILARINA.




Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propón reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.






 

sábado, 13 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

O 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o MAGOSTO na escola.


Tivemos a sorte de contar co espectáculo Brinca vai!, de Paco Nogueiras. Grazas á ANPA por traernos esta actuación para amenizar o noso Magosto.







 

lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

Festexamos o Samaín por todo o alto! 


Decoramos os nosos patios con bruxas, monstros e catrinas... 




Desfrutamos dun contacontos a cargo da profe Mercedes: "A BRUXA QUE COMÍA PALABRAS BONITAS"... 




Festa de disfraces...


Photocall do terror...




domingo, 24 de octubre de 2021

martes, 22 de junio de 2021

FESTA FIN DE CURSO 2020/2021

Rematamos o curso con FESTA RACHADA: xogos tradicionais, baile, paracaídas, colchonetas e merendola. 

O NOSO INMENSO AGRADECEMENTO Á ANPA POR FACER REALIDADE O SOÑOS DOS MÁIS PEQUEN@S.







domingo, 13 de junio de 2021

DE CAMIÑATA!

O pasado mércores, fixemos un pequeno percorrido polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila, Vilalba.

Visitamos o albergue As Pedreiras, a queixería Prestes, a Torre de Andrade e o Muíño do Rañego.