jueves, 22 de junio de 2023

FESTA FIN DE CURSO 22-23

Hoxe tivemos unha gran festa para despedir o curso.

A xornada comezou con cinco estacións de xogo polas que as nenas e nenos ían rotando. Non puideron ser máis divertidos!!!

Posteriormente, paramos para recargar forzas cunha gran merendola para así poder ter moita enerxía para o baile que nos esperaba na actuación da familia do noso compañeiro Antón (grazas unha vez máis).

Finalmente, tivemos o recreo e logo subimos ás aulas a despedirnos!!!

Que teñades bo verán e boas vacacións nenos e nenas!!!




domingo, 11 de junio de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR


O venres pasado, o equipo de Orientación do CEIP Antonio Insua Bermúdez, trouxo a nosa escola unha experiencia para o fomento da lectura e a interacción entre alumnado de diferentes niveis educativos: "APADRIÑAMENTO LECTOR".

Para rematar a xornada, o noso equipo de biblioteca, agasallou a todos/as os/as participantes cunha obra de teatro: “Chibos, chibóns”.

Agradecemos ao equipo de Orientación, ás titoras e alumnado participante esta marabillosa experiencia.









domingo, 4 de junio de 2023

VISITA DA RESIDENCIA DE MAIORES DE VILALBA

O venres recibimos a visita de usuarios/as da Residencia de maiores de Vilalba.


Realizamos un obradoiro de lapiceiros e, os máis pequenos da escola, fixeron un baile para todos eles.

Unha xuntanza que se enmarca dentro do proxecto documental integrado “Os nosos maiores”.