sábado, 1 de marzo de 2025

ENTROIDO NA ESCOLA

 Como todos os anos celebramos o ENTROIDO na escola, primeiro cumprindo os mandatos do Meco para cada día da semana. E o venres, cun pasarruas organizado polo Concello no que participan os centro escolares da Vila, no noso caso e partindo do PDI "Vilalba e a súa contorna" ,que se propuxo dende a biblioteca, e que se está a traballar mais en profundidade durante o segundo trimestre disfrazámonos de Capóns de Vilalba e de criadoras.








RETO LECTOR FEBREIRO

 Este mes de FEBREIRO para o RETO LECTOR da Biblioteca municipal, había que coller un libro que fora de autor/autora ou temática non europea,  esta foi a a nosa elección... " A MÁSCARA DO LEÓN"