miércoles, 18 de marzo de 2026

RETO LECTOR MARZO

 No mes de marzo continuamos co reto lector da Biblioteca Municipal de Vilalba, nesta ocasión tiñan que ser libros de AUTORÍA FEMININA.




jueves, 5 de marzo de 2026

V ENCONTRO DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA TERRA CHÁ

O pasado martes tivo lugar no CEIP Antonio Ínsua Bermúdez, o V ENCONTRO DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA TERRA CHÁ, unha xornada que permitiu poñer con común ideas, e propostas , todas elas encamiñadas á exposición que terá lugar en maio. Moitas grazas por toda a organización.



miércoles, 4 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA

    Un ano mais, recibimos a carta do Iescha para pedirnos a colaboración para homenaxear a Rosalía de Castro, moitas grazas por contar sempre con nos.

   O Centro ocupacional de Vilalba fixo unha árbore para cada centro moi especial, unha vez que esta árbores estivo no noso cole, todos os nenos e nenas pintaron unha flor en forma de corazón para enche esa fermosa árbore de follas. Aquí vos deixamos mostra de todo isto.







lunes, 2 de marzo de 2026

RETO LECTOR DE FEBREIRO

       E seguimos co Reto Lector proposto pola biblioteca, este mes

 adicado á ARTE, e estivemos lendo estes contos...







domingo, 22 de febrero de 2026

LIBROS ENTROIDO

 Estes son dous do libros que mercamos na nosa biblioteca, para

 traballar o ENTROIDO , con nenos e nenas, ademais de algún

 outro que aportaron as familias.



martes, 17 de febrero de 2026

PREPARACIÓN PARA O ENTROIDO 2026

    Este ano, e partindo do PDI proposto pola bilioteca "Sentido o noso", durante todo o ano estamos traballando aspectos da cultura galega, e como non podía ser doutra maneira, no entroido centrámonos nos PELIQUEIROS, unha tradición que ven de moitos anos atrás.

    Por iso decidimos disfrazarnos de Peliqueiros, estivemos traballando entre todos e todas no disfrace, ademais de aprender novas cousas desta tradición. De todo isto deixamos algunha mostra a continuación.






jueves, 5 de febrero de 2026

RETO LECTOR 2026

 Este curso a dende a nosa biblioteca volvímonos a animar a participar no RETO LECTOR, que propón a Bilioteca Municipal de Vilalba.

Neste mes de XANEIRO ,  o reto é:   LIBRO ILUSTRADO



domingo, 1 de febrero de 2026

DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA

      Durante esta semana, na biblioteca estivemos contando varios contos nos que os centros de interese era a PAZ, e todos os valores que implican, para iso usamos os contos que temos no  noso catálogo.




domingo, 18 de enero de 2026

RECOMENDACIÓNS DE INVERNO

 Estes son algúns dos contos do inverno, que sacamos fóra da biblioteca , e tamén unhas recomendacións para para as familias de contos coa temática desta época.