jueves, 31 de octubre de 2024

SAMAÍN

 Para celebrar o día do Samaín no cole, o equipo de biblioteca preparou un pequeno teatro de títeres do conto GUAPA.





jueves, 24 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS



   Hoxe , para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS, os nenos/as do centro levaron un marcapáxinas, ademais, as MOCHILAS VIAXEIRAS, comezaron a súa viaxe, cada aula ten unha que pasará polas casa de todos e todas.

   Dentro de cada mochila vai un caderno no que cada familia poderá deixar plasmada a súa experiencia con esta actividade.

   Dende o Equipo de Biliotecas do centro esperamos que desfrutedes moito dela!!!







jueves, 23 de mayo de 2024

CLUB DE LECTURA

     Por primeira vez na escola atrevementos a facer un club de lectura. Esta foi a primeira xuntanza cos nenos e nenas de 6º de infantil e as súas familias, Foi arredor do libro "Mi primer Principito". Cando rematou a conversa, puidemos gozar todos xuntos dunha pequena merenda. Esta nova experiencia foi todo un éxito que seguro volveremos a repetir.







DÍA DAS LETRAS GALEGAS "CAFÉ CON LETRAS"


 Este ano conmemoramos o día das Letras Galegas coa nova iniciativa "Café con letras", achegando aos nosos nenos e nenas a nosa lingua. Dende a EEI de Vilalaba queremos agradecer tanto ao noso alumnado polo seu traballo, ás familias por colaborar coas vosas fotos nas redes sociais e aos establecementos colaboradores por facer posible este proxecto.




DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLE

Para conmemorar o día das letras galegas o noso alumnado participou nun contacontos levado a cabo por alumnas do Lois Peña Novo. Moitas grazas tamén ao alumnado e profesorado que fixeron posible este encontro.

Ademais os nenos e nenas da escola elaboraron un mural e fixeron  nas aulas con actidades para coñecer mellor a Luisa Villalta, a homenaxeada este ano 2024.




DÍA DA FAMILIA

Este ano dende a biblioteca, propúxose conmemorar na escola o día da familia a través do libro "El Hilo invisible". Os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil fixeron unha manualidades para os seus... que levaron para casa con moita alegría. 






 

VIAXE ÁS LAGOAS DE COSPEITO

 Onte fixemos unha andaina pola LAGOA DE COSPEITO 🦆💦.

O alcalde explicounos as principais características da contorna mentres que observabamos a fermosa paisaxe. A continuación, demos un paseo, merendamos e para finalizar a xornada, a profe Merce contounos a lenda da lagoa.Foi un día xenial!!




viernes, 3 de mayo de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

     No "Día do Libro" recibimos a visita da escritora e mestra vilalbesa, María Xosé Lamas.

    Ademais, seguindo a tradición nesta data, cada neno e nena recibiu un libro(dos fondos da nosa biblioteca) e unha rosa.




AURORA CONDUTORA E DRAGONCÍN CANTARÍN

 

    Hoxe tivemos o pracer de ter connosco á autora do libro "Aurora condutora e Dragoncín cantarín"; un conto inclusivo que anima aos nenos a non renderse e loitar polos seus soños. A actividade rematou cunha canción que todos cantamos e bailamos. 

Grazas Susana por facérnolo pasar tan ben.



lunes, 8 de abril de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA

 Onte desfrutamos dunha xornada na biblioteca municipal de Vilalba.Primeiro,Atenea, a bibliotecaria, explicounos o funcionamento da biblio e o empréstito.Despois, unha moura que vive na charca do Alligal contounos a historia dunha cabra que foi curada das súas enfermidades grazas ás propiedades curativas e ao poder milagroso das augas da charca.






viernes, 8 de marzo de 2024

ROSALÍAS POR UN DÍA

   Gracias o préstamo dun roll up de Rosalía feito por  o Iescha ( INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS), na escola puidemos ser Rosalía por un día. Todos, nenos/as e adultos fixemos unha foto que quedará para o recordo, e así demos por rematada a semana que traballamos a Rosalía este curso 23-24.

  O noso agradecemento o Iescha por contar con nós para esta actividade.



jueves, 7 de marzo de 2024

RETO DO CEIP MANUEL MATO VIZOSO

     O CEIP Manuel Mato Vizoso  retounos a recitar un poema de Rosalía de Castro, aquí vos deixamos a mostra.

   O noso reto vai dirixido ao CEIP Antonio Insua Bermúdez e ao CEIP Aquilino Iglesias. Gracias de antemán pola colaboración.

          https://www.facebook.com/share/v/aWh6rehNyMcrVjVo/

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA

       Durante este trimestre os nenos/as de 5º de EI da escola, estan traballando o proxecto da Prehistoria, e os nenos e nenas de 6ª de EI o Universo,  para iso foron a biblioteca do centro a buscar libros sobre ese tema.




viernes, 23 de febrero de 2024

23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

     Hoxe 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, por iso ó longo desta semana estivemos facendo actividades para coñecela mellor. Ademais fixemos entre todos un mural na entrada do cole, no que debuxamos e coloreamos a Rosalía e compuxemos o seu nome con rosas que fixeron todos os nenos e nenas do centro.

   Aquí vos queda mostra de todo elo.











 Deixamos dous enlaces para que poidades visionar, un da vida de Rosalía e outro dun dos seus poemas cantado.

Rosalía de Castro


O MOUCHO DE ROSALÍA


POEMA DE ROSALÍA PARA O XOVES

 O xoves nas aulas do cole leímos .................



 

lunes, 19 de febrero de 2024

POEMA DE ROSALÍA PARA O LUNS

     O venres 23 é o día de Rosalía e con ese motivo esta semana dende a Bilioteca buscaronse poemas desta autora tan coñecida, cada día leerase un dos seus poemas na aula, hoxe luns, tocou este...





LECTURA EN FAMILIA

          Este trimestre deu comezo a activiade que se propuxo dende a biblioteca de "LECTURA EN FAMILIA"

          Os alumn@os de 4º e 5º de E.Infantil reciben ás súas familias para escoitar un conto, unha lenda,unha historia de tradición oral...Moitas grazas ás familias por participar nesta iniciativa.





jueves, 15 de febrero de 2024

EXCURSIÓN A CORUÑA

       O pasado mércores o alumnado de 6º de Infantil, saíu de excursión á Coruña. A primeira parada foi nos arredores da Torre de Hércules,onde aproveitando que como proxecto anual estamos traballando "As lendas da nosa contorna",  a profe Ana contoulles a lenda que envolve tan famosísimo monumento.

      Despois, visitamos o acuario e aprendimos moitas cousas sobre os peixes.

      E por último, pola tarde, experimentamos na Casa das Ciencias e vimos unha divertida proxección no Planetario. Foi un día estupendo!



ENTROIDO

 Chegou o Entroido! Despois de seguir toda a semana os mandadiños, o venres celebramos a gran festa. Este ano, seguindo o proxecto que sae dende a BIBLIOTECA para todo o centro "As lendas da contorna" disfrazámonos de personaxes de lenda: magos, faunos e trasnos. A media mañá, o alumnado degustou uns boliños aos que invitou a ANPA. A continuación todos baixamos ao patio a desfilar mostrando os nosos disfraces e a bailar as coreografías que se prepararon coa profe Oliva. Moitas grazas a ANPA pola súa colaboración neste día tan especial!









jueves, 1 de febrero de 2024

MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Deron comezo as reunións dos integrantes da microrrede de bibliotecas escolares da Terra Chá, a encarda da biblioteca do noso cole asistiú e trouxo moitas ideas, esperemos seguir adiante nesta nova andaina entre todos os centro adheridos.



miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN 30 DE XANEIRO

  

    Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de
Castelao, celébrase o Día da ilustración. Esta é unha iniciativa
da Consellería de Cultura , Educación , Formación Profesional e
Universidades en colaboración coa  Asociación de Profesionais
da Ilustración.
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun acompañamento da escrita.

Aproveitamos para publicar a novas adquisicións cómics...



martes, 30 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

     Hoxe na escola celebramos o día da PAZ co lema  "UNIDO POLA PAZ", os tres coles da vila adornamos as vallas con anacos de tea branca que cada neno trouxo da súa casa e unha pomba que decoraron.

Esto é mostra de como quedou....






RECOMENDACIÓNS PARA A PAZ

 Co motivo do día da Paz podemos leer libros que nos axudan a ensinarlles ós máis pequenos a súa importancia no día a día. Aquí vos deixamos algúns títulos interesantes.



RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

 Aquí vos deixamos unhas recomendacións para lecturas de nadal!! 

Xa sabedes o que podedes pedirlles os Reis Magos.








viernes, 24 de noviembre de 2023

PRINCIPOS E PRINCESAS

 Esta semana puidemos disfrutar doutra actividade organizada dende a bilioteca coa colaboración da ANPA dentro do "Programa educar en igualdade". Todos os nenos e nenas estiveron moi atentos a novas versións de contos tradicionais.