O pasado mércores o alumnado de 6º de Infantil, saíu de excursión á Coruña. A primeira parada foi nos arredores da Torre de Hércules,onde aproveitando que como proxecto anual estamos traballando "As lendas da nosa contorna", a profe Ana contoulles a lenda que envolve tan famosísimo monumento.
Despois, visitamos o acuario e aprendimos moitas cousas sobre os peixes.
E por último, pola tarde, experimentamos na Casa das Ciencias e vimos unha divertida proxección no Planetario. Foi un día estupendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario