jueves, 28 de mayo de 2026
TRINKE TRINKE
Outra das actividades que fixemos dentro do programa LECTURA E FAMILIA, foi unha tarde coa compañía de teatro TRINKE TRINKE, e o seu espectáculo "Un agasallo para Lili"
Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites.E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia. Sesión na que se trata a importancia dos límites na educación.
Unha tarde para desfrutar en familia...
CONSERVA O GALEGO
A semana das Letras Galegas, e baixo o lema "Conserva o Galego" os nenos e nenas da escola de Educación Infantil, fomos repartindo polas rúas de Vilalba unha latas de conserva moi especiais, nas que ian escritas palabras en galego... foron xornadas moi divertidas tanto para os nenos/as como para as persoas da Vila.
domingo, 17 de mayo de 2026
LETRAS GALEGAS
Este ano na semana das Letras Galegas confeccionamos un mural entre todos e todas, que como lema
ten: "CONSERVA O GALEGO", cada familia aportou unha lata de conserva, no cole cada neno/a
escribiu unha palabra que elixiu e entre todos montamos o mural.
sábado, 16 de mayo de 2026
AS MULLERES DO LIÑO DE INSUA
Dentro da PDI do cole, e en colaboración coa MICRORREDE DA TERRA CHA, no terceiro trimestre tivemos a visita das Mulleres do liño de Ínsua, con elas estivemos aprendendo cal é o proceso do grao de liño ata converterse en tea.
jueves, 14 de mayo de 2026
EXPOSICIÓN MICROREDES DA TERRA CHA
Un ano mais a EEI de Vilalba participa na exposición da Microrrede da Terra Chá, este curso como tema:
“Do ser e do facer chairego”.
O acto terá lugar o vindeiro 18 de maio ás 10:15 horas no Museo do Castro de Viladonga. Esta exposición é o resultado dun traballo colaborativo desenvolto polos centros educativos que integran a Microrrede da Terra Chá, poñendo en valor a identidade, a cultura e as tradicións da nosa comarca. No acto de inauguración haberá varias intervencións para presentar diferentes oficios tradicionais relacionados e vinculados á nosa zona.
No noso caso, traballamos "do gran á tea: o camiño do liño" coas Mulleres do liño de Ínsua.
lunes, 11 de mayo de 2026
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano as Letras Galegas están adicadas a
Begoña Caamaño, asique no cole empezamos por
leerlles ós nenos e nenas o conto dos
Bolechas.
viernes, 8 de mayo de 2026
ACTUACIÓN DA ORQUESTRA FANTASMA
Dentro do programa LECTURA E FAMILIA, unha das actividades
de este curso foi a actuación da ORQUESTRA PANTASMA, o
martes pola tarde, donde tanto maiores como nenos pasaron un
momento moi divertido disfrutando en familia. Aquí vos deixamos a
proba...
Moitas grazas ás familias pola alta participación.
jueves, 7 de mayo de 2026
RETO LECTOR MAIO
Este mes de maio, o RETO LECTOR, é un libro
en GALEGO, para dar homenaxe ó mes das Letras
Galegas...
.png)
.png)





.png)






.png)
