lunes, 11 de marzo de 2013

CUMPREANOS FELIZ!!!

PINOCHO cumpre 130 anos.
 Aproveitamos á ocasión para ler ás nenas e nenos o  conto  clásico de Pinocho.


viernes, 8 de marzo de 2013

CONTO PARA IGUALDADE

 
                    8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

 CUENTO: UNA FELIZ CATASTROFE  A escritora Adela Turín nos sorprende con este conto que nos  axuda a reflexionar sobre a desigualdade http://www.ducotedesfilles.org/es/anims/flashdeluge.html

jueves, 7 de marzo de 2013

LIBROS RECOMENDADOS



8 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER 
Títulos ‘en feminino’.
Os petos de Loreto
A galiña roxa
Grisela
Catarina, o oso e Pedro
Os tres bandidos
Amelia quere un can
O sorriso de Daniela
Orellas de bolboreta 
Bailar nas nubes
A gatiña Rosalinda
Letras nos cordóns
A coelliña Marcela
Libro das M’alicias
Rosa Caramelo
A galiña vermella

miércoles, 6 de marzo de 2013

8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES



      O 8 de Marzo celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.

        Para celebrar este día desde a Biblioteca da nosa Escola, temos programadas diferentes actividades. Imos ter Contacontos e en colaboración co CIM (Centro de información á muller) do Concello de Vilaba teremos unha animadora á lectura que vainos contar  unha historia sobre gatas e gatos e  faremos un mural entre todas e todos.

MULLERES GAÑADORAS DO PREMIO NOBEL

    O Premio Nobel é outorgado anualmente pola Real Academia Sueca das Ciencias, A Academia Sueca, O Instituto Karolinska e o Comité Moruego del Nobel conceden o premio ás persoas que fan contribucións sobresaintes nos campos da Química, Física, Literatura, Paz, Fisioloxía ou Mediciña e Economía. 

     Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel está Madam Curie que gañou o de Física  en 1903 xunto so seu marido.É a única muller que ganou o  Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 ganou o de Química. A súa filla Irène JOliot- Curie, ganou o de Química en 1935.

   Doce mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, doce o de Literatura, dez o de Fisioloxía ou Mediciña, catro o de Química, duas o de Física e so unha muller o de Economía. Como curiosidade sinalar que 2009 foi o ano en que resultaron gañadoras do premio  un total de cinco mulleres.

 ALGUNHAS MULLERES CIENTÍFICAS

 HIPATIA.
Filósofa neoplatónica destaca en matemáticas e astronomía.

 MARIE CURIE.
Investigadora da radioactividade.
 JANE GOODALL.
Primatóloga, estudiou o uso de ferramentas  nos chimpancés.
 ROSALIND FRANKLIN.
Biofísica crucial para o coñecemento do ADN.

martes, 5 de marzo de 2013

CONTACONTOS

                             Hoxe tivemos ocasión de disfrutar dun encontro con Pepe Maestro.

 
Pepe Maestro, é licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor,escritor de narrativa e teatro,educador ambiental, titiriteiro e contador de contos.
 
            

jueves, 28 de febrero de 2013

BICHOS BOLA E XOANIÑAS

Mónica lendo un conto para todos e todas

Mónica contandonos cousas dos bichos bola e das xoaniñas



    Continuamos, hoxe, coas charlas  dos bichos do noso patio. Mónica a mamá de Irene Sández  da clase da profe Mª José é veterinaria e visitounos hoxe. Trouxonos un bicho bola e unha xoaniña  que fixo na súa casa para poder xogar con eles. Leeunos contos, xogamos ás adiviñas e ensinounos unha cantiga. Foi moi divertido



             

martes, 26 de febrero de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

         Dende o mes de febreiro as Mochilas Viaxeiras estan  percorrendo as casas dos nenos e nenas da nosa Escola,. Dentro da mochila  viaxa un libro divulgativo, un libro de entretemento, un DVD, unha revista de artigos de interese para as mamás e os papás  e un libriño viaxeiro para que a familia ou o neno ou a nena poda  escribir, debuxar...etc en difinitiva, expresar a súa opinón sobre o material que leva a mochila..Cada semana a mochila viaxa a unha casa e pouco a pouco ira percorrendoas todas.
  FAMILIAS, DAMOSVOS AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

OS LIBROS VAN E VEÑEN



         Nas bolsas de Biblioteca, os nenos e nenas da nosa Escola, levan os libros para as súas casas semanalmente. Xunto ós libros, dentro da bolsa, viaxa unha pequena libretiña  para que poidan plasmar nela as súas opinións sobre os libros . Desta maneira axudanos a coñecer cales son os seus gustos  no momento de escoller un libro. A esta libretiña ímola chamar dende agora o LIBRO DOS LIBROS que ímos lendo a diario




lunes, 25 de febrero de 2013

LEMBRAMOS A ROSALIA DE CASTRO





RECITADO DE POEMAS,REPRESENTACIÓNS DE FRAGMENTOS DA SÚA OBRA, DEBUXOS E AUDICIÓNS MUSICAIS DO SEUS POEMAS FORON NESTE DÍA OS PROTAGONISTAS DA NOSA ESCOLA

                                                                                                    

viernes, 22 de febrero de 2013

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro (2013)


                                                                                ROSALIA DE CASTRO


Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
¡Non che teño medo, moucho;    
moucho, non che teño medo!
A Celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, é unha data sinalada para o noso país. Este ano cúmprense os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos", libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. A Biblioteca da nosa Escola xunto ás bibliotecas escolares galegas súmanse a esta celebración.

OS CARACOIS



Escoitando a Pepe mentras fala dos caracois

Probamos mel e pole
   Hoxe volveu Pepe o papá de Icía e de Roi a contarnos cousas, esta vez, dos caracois. Tamén falounos doutro animal moi importante, as abellas , probamos pole e mel. Agora coas nosas profes e con todo o que estamos aprendendo, imos continuar co noso proxecto.

jueves, 21 de febrero de 2013

AS ABELLAS

PROBAMOS MEL E POLE


 Pepe o papá de Icía e de Roi da clase de 4 anos da profe Lina , estivo na nosa Escola, para contarnos moitas cousas da vida das abellas . Mañá vai vir para contarnos cousas dos caracois. Que sorte!

miércoles, 20 de febrero de 2013

KAMISHIBAI

 Kamishibai é unha palabra xaponesa, quere decir, " TEATRO DE PAPEL" é unha maneira popular de contar contos en Xapón dende hai moitos séculos.

martes, 19 de febrero de 2013

COPÉRNICO

APROVEITAMOS OS 540 ANOS DO NACEMENTO DE COPERNICO PARA PROXECTAR NA BIBLIOTECA O DVD "Ceo e Cosmos"da colección  dos Hoobs"La Aventura de Aprender".

                     

SOMOS CONTACONTOS

 
 
A CASA DE PEDRO
 

       Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando un conto que escollemos da Biblioteca para   poder contar a outros nenos e nenas.

viernes, 15 de febrero de 2013

APRENDEMOS COUSAS DOS BICHOS

                                                   FORMIGAS E MIÑOCAS



       Estamos traballando no proxecto "Os bichos do noso patio"e  hoxe tocoulle o turno ás formigas e ás miñocas.Contamos coa colaboración de Roberto Rañal o papá de Martín da clase de 5 anos de Carmen. Roberto é veterinario por eso soubo  contarnos moitisimas cousas que descoñeciamos.
     

jueves, 7 de febrero de 2013

MARCA PÁXINAS PARA AS LECTURAS DE ENTROIDO


NESTAS VACACIÓNS DE ENTROIDO XA PODES LER E AXUDAR A MAMÁ E A PAPÁ A  COCIÑAR

 INFORMACIÓN SOBRE O PILIQUEIRO DE LAZA-OURENSE
A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.
O traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros vai un pano despurundado á chaqueta.
Unha gran faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Laza.
 

jueves, 31 de enero de 2013

OS NOSOS ESCRITORES

    


Agustín Fernández Paz escritor nacido enVilalba especialista en literatura infantil e xuvenil

O pasado 28 de xaneiro, Agustín  Fernández Paz foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
 Os nosos parabéns por este novo recoñecemento.
Equipo de Biblioteca da EEIde Vilalba





  •    

                           

  • CONTOS E POEMAS POLA PAZ

                 A nosa Biblioteca acolle estes días diferentes traballos feitos co motivo do día da PAZ

    miércoles, 30 de enero de 2013

    DÍA DA PAZ

                                              Mural feito polo noso alumnado no DÍA DA PAZ
                                         Pombas con mensaxes de Solidariedade,Paz, Amizade e Amor
              Despos da lectura de contos de nenos  e nenas do mundo fixemos un  taller para a elaboración      de   murais .

    sábado, 26 de enero de 2013

    Unha  escritora de literatura infantil e xuvenil na R.A.G.









          A R.A.G acaba de elexir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Conta entre outros cun premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. É mestra, e conta cunha ampla producción literaria.

    lunes, 14 de enero de 2013


         30 de xaneiro DÍA DA PAZ

    El señor guerra y la señora Paz  -Edebé
    A máscara do león  -Oqo Editora
    Sacapenas  -Kalandraka
    Negros e Brancos  -Xerais
    A Pomba Dona Paz  -Xerais
    Queresxogar comigo?  -Kalandraka
    Unha chea de familias  -Galaxia
    Colección Nuestras Obligaciones  -Salvatella
      En el aula
      En casa
      En la calle
      En el comedor
      En el patio
      De excursión
      Cuando estoy enfermo
      En los transportes
      Con mi mascota
      Con la higiene
      Cuando estoy de vacaciones
      Con los demás

    viernes, 11 de enero de 2013

    BENVIDO 2013

           Empezamos o novo ano e a nosa Biblioteca xa conta con varios       titulos novos.


     Carabuñas- OQO Editora                                                                    
    Seís Barbudos-OQO Editora
    Serie " Os Contos do camiño"
    O Baile diminuto-Kalandraka
    Gatiño e a neve- Kalandraka
    León de Biblioteca- Editorial Ekor
    Nicolás-Edebé
    El novio de la bruja- Edebé
    No me gusta este sombrero-Edebé
    Luciérnagas en el paraíso-Edebé
    De repente  en China- Edebé
    De repente en Egipto-Edebé
    Little cat and the snow? Kalandraka
    La pluma-Algar Editora
    El perro Bernardo-Algar Editora
    La hormiga valiente- Algar Editora
    La familia pelotera-Algar Editora
    La araña fontanera- Algar Editora