martes, 24 de mayo de 2016

CONTACONTOS

Hoxe, no IES Basanta Silva, participando nun dos actos organizados polo Cincuentenario.
Representación de tres contiños "A maleta da avoa"de Raquel Queizás



EXCURSION A CORUÑA

VISITA AO MUNCYT E SUBIDA NO ELEVADOR AO MONTE DE SAN PEDRO

 




 















viernes, 13 de mayo de 2016

AS CHAPAS

Estas son as chapas que fixemos en  cada clase. Cada unha delas representa un poema de Manuel María.



DE FESTA CON MANUEL MARÍA

                          MIÑOCA E PAXARIÑO recorren o mundo ata chegar á Casa de Hortas onde      Manuel María.



  Grazas a Carmen e a Estrella por colaborar coa Escola na celebración das actividades das LETRAS GALEGAS 2016
         POEMAS DO LIBRO " CANTA AO CUCO" E POEMAS DOS "SOÑOS NA GAIOLA" SON RECITADOS E BAILADOS POR TODO O ALUMNADO

lunes, 9 de mayo de 2016

17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS


                                           17 DE MAIO

     Como xa sabedes, este ano as Letras Galegas homenaxean a Manuel María, escritor chirego moi vinculado a Vilalba. Manuel  María ingresou formalmente na Real Academia Galega no ano 2003 cun discurso no que lembrou os poetas da Terra Chá, e  que foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín. Este acto tivo lugar no Auditorio de Vilalba a petición do propio Manuel María. 
                 
OS SOÑOS NA GAIOLA
                                   
O CARACOL


A LÚA



O SOL



O MEU BARCO



O TOXO


O ARCO DA VELLA E OS PAXAROS



miércoles, 27 de abril de 2016

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

             Con motivo da celebración do día do libro , fixemos unha visita ás instalacións da Biblioteca municipal.Teresa atendeunos con moito cariño e puidemos dar un paseo por toda a biblioteca. Os nenos e nenas que aínda no  eran socios  recibiron o seu carné no salón de actos, despois de ver unha representación do conto "Riciños de Ouro" feita pola compañia Trinke Trinke.



jueves, 21 de abril de 2016

CONTOS

                                 CONTOS ENCADEADOS


Hoxe tivemos a visita dun grupo de exalumnas/os, a razón deste emotivo encontro foi traer á nosa escola,  unha posta en escea de tres contos tradicionais: "Carapuchiña Vermella, Os tres cochiños e Brancaneves" deste xeito recordarnos o importante e entretido que é ler.

  

 Esta actividade programouse , tamén, con motivo da celebración do día do libro. Durante 50 minutos estivemos gozando deste bo  traballo de interpretación  que veu acompañado dunhas cancións por parte do grupo. Cancións  de inverno e de primavera, moi acaidas, para a idade do noso alumnado.  Para rematar  Alba interpretou para todos nosoutros unha fermosisima canción. Todo un luxo.

Un pequeno temtempé na Biblioteca para repoñer forzas

TODA A COMPAÑIA. ALUMNADO DE 6 DO CEIP INSUA BERMUDEZ




                                                          
ALBA CANTANDO


viernes, 15 de abril de 2016

DIA DO LIBRO

  23 DE ABRIL

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


O día  23 de abril,  é o Día Internacional do Libro. Celébrase en honor a Miguel de Cervantes e a William Shakespeare.


Cervantes, foi o autor dun dos libros traducidos a máis idiomas: "El Quijote".                      


               COÑECE AS AVENTURAS DE DON QUIXOTE  E SANCHO PANZA








viernes, 8 de abril de 2016