miércoles, 16 de mayo de 2018
EN MAIO
Ana María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939.
Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
“Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía […]. A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso Poetas Alófonos en Lingua Galega.
En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración.
viernes, 27 de abril de 2018
jueves, 19 de abril de 2018
23 de abril de 2018
Día Mundial do Libro
Agradecemos ao escritor Fran Alonso o seu texto sobre os efectos da lectura e o poder dos libros,un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro dos Dereitos de Autor/2018.
Se queres que os demais che digan
o que tes que facer, non leas. Se
queres que os demais che digan
o que tes que pensar, non leas. Se
queres que a publicidade che diga
o que tes que mercar, non leas. Se
queres vivir coma un robot que
outras persoas programan, non
leas. Non leas, porque a lectura
é incómoda. Non leas porque
a lectura che revolve a cabeza.
Non leas porque a lectura te pon
contra as cordas. Non leas, porque
a lectura é rebelión. Así que, por
favor, é mellor que non leas.
Fran Alonso
miércoles, 21 de marzo de 2018
NOTA INFORMATIVA
COMUNÍCASE
POR PARTE DA DIRECCIÓN DO CENTRO QUE TODOS OS NEN@S QUE SOLICITARON
MATRÍCULA NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2018/2019 ESTÁN ADMITIDAS E ADMITIDOS
Formalizar matricula durante mes de xuño
OBRADOIRO DE GALLETAS
CON FARIÑA, OVOS, AZUCRE...
E ?
non debemos decir mais...
fixemos un taller de galletas "parisinas"

GRACIÑAS A FANY E A SUSANA ...
E ?
non debemos decir mais...
fixemos un taller de galletas "parisinas"
jueves, 8 de marzo de 2018
8 de MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Hai lecturas
para nenas e nenos que intentan rachar con estereotipos sexistas e que
entreteñen , forman e educan para camiñar todas e todos xuntos hacia
unha sociedade libre e igualitaria tódolos días do ANO .
Educamos en Igualdade
viernes, 2 de marzo de 2018
O galo canta, a galiña chora polos pitiños que dormen fóra...
MOITAS GRAZAS A FRANCISCO MONASTERIO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE AVICULTORES DE RAZA GALIÑA DE MOS E A DIEGO ROIS DIRECTOR TÉCNICO DE AVIMÓS, POR ESTAR NA NOSA ESCOLA E COMPARTIR O SEU TEMPO CON NOS.

NACERON OS PITOS, foron seis !!!!
ATA RECIBIMOS UN AGASALLO PARA A NOSA ESCOLA.

NACERON OS PITOS, foron seis !!!!
PAPÁ GALO E MAMÁ GALIÑA
CON DIEGO APRENDIMOS MOITO
miércoles, 28 de febrero de 2018
TEMPO DE MATRICULA
NOTA INFORMATIVA PARA FAMILIAS
ADMISIÓN
ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2018-2019
A
Orde de 12 de Marzo de 2013 (modificada pola Orde do 25 de
xaneiro de 2017) regula o proceso de admisión de alumnado nos
Centros Públicos
PRAZAS
OFERTADAS POLO NOSO CENTRO:
3
anos: 50 (6 para alumnos con NEE)
4
anos:10
5
anos:26
PERÍODO
DE ENTREGA DE SOLICITUDES:
1 ao 20
de
marzo.
HORARIO:
Tódolos
días de luns a venres de 9:30 a 11:30 h.
Xoves de 9,30 a 11,30 e de 13.30 a 14,30
DOCUMENTACIÓN
NECESARIA:
Solicitude,
en impreso que se facilita no Centro, ou
a través da aplicación
“admisiónalumnado”
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
Informe médico.
2
fotografías tamaño carné.
Fotocopia do
Libro de Familia da folla do alumno.
Fotocopia
tarxeta sanitaria.
Fotocopia
do DNI de nai e pai ou titor/a legal.
Fotocopia
do DNI do alumno/a (no caso de telo).
IMPORTANTE:
-
Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
O alumnado que xa está escolarizado no Centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
-
No caso en que haxa mais demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.( O prazo para presentar esta documentación será do 22 de marzo ao 4 de abril).
CRITERIOS
XERAIS DE BAREMO:
a)
Existencia de irmás/ áns matriculadas/os no centro.
b)
Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
c)
Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo
dos pais ou titores.
d)
Renda anual per cápita da unidade familiar.
e)
Condición de familia numerosa.
f)
Condición de familia monoparental.
g)
Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai,
titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.
CALENDARIO
DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018/2019
1.
Presentación de solicitudes de admisión: 1 ao 20
de marzo.
2.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:
10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate
do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
3.
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:
antes do 25 de abril. (No taboleiro de anuncios e na Páxina Web do
Centro).
4.
Prazo de reclamación ás listaxes provisionais de admitidos e non
admitidos: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa
publicación. Esta reclamación presentarase no Centro dirixida ao
Consello Escolar.
5.
Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos:
antes do 15 de maio. (No taboleiro de anuncios e na Páxina Web do
Centro).
6.
Contra a relación definitiva de admitidos e non admitidos, as
persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a
persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a
partir do día seguinte ao da súa publicación.
7.
Formalización de matrícula en Infantil e Primaria : do 4 ao 20 de
Xuño.
A
DIRECCIÓN.
viernes, 23 de febrero de 2018
lunes, 19 de febrero de 2018
viernes, 16 de febrero de 2018
ENTROIDO
...e saíron dos contos as Bruxas e os Bruxos a celebrar o baile de ENTROIDO.....HA,HA,HA,
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS E A ANPA POLA SÚA COLABORACION .
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS E A ANPA POLA SÚA COLABORACION .
miércoles, 7 de febrero de 2018
viernes, 19 de enero de 2018
DÍA DA PAZ
PROPOSTA DE LECTURAS
PROPOSTA DE TRABALLO PARA COMPARTIR COS CENTROS, ESTE ANO TOCA DENDE A NOSA ESCOLA
BICOS DE PAZ
domingo, 24 de diciembre de 2017
BO NADAL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























