A BIBLIOTECA DA EEI DE VILALBA DESÉXAVOS UN FANTÁSTICO VERÁN
LER E SOÑAR COS OLLOS ABERTOS!!!
jueves, 2 de julio de 2020
lunes, 11 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020 |
Na semana das nosas letras o equipo de biblioteca quere achegarvos ao homenaxeado deste ano.
LETRAS GALEGAS 2020
![]() |
![]() |
EN
1963, CANDO SE CUMPRÍAN 100 ANOS DA PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA, A
REAL ACADEMIA GALEGA DICIDIU MARCAR NO CALENDARIO UN DÍA PARA FESTEXAR
AS NOSAS LETRAS GALEGAS, POR ISO CADA 17 DE MAIO CELEBRAMOS QUE TEMOS
UNHA LINGUA E UNHA LITERATURA PROPIA, O GALEGO.
RICARDO CARVAHLO CALERO
RICARDO
CARVAHLO CALERO É O AUTOR AO QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA O DÍA DAS
LETRAS GALEGAS DESTE ANO. NACEU O 30 DE OUTUBRO DE 1910 NA CIDADE DE
FERROL. O SEU PAI ERA UN PEQUENO EMPRESARIO LOCAL E A SÚA NAI ATENDÍA A
CASA E ENCARGÁBASE DO COIDADO DOS SEIS FILLOS.

ENCANTÁBANLLE OS CONTOS E CALQUERA MOMENTO ERA BO PARA ESCOITALOS.

DENDE
MOI PEQUENO, RICARDO E OS SEUS IRMÁNS LÍAN LIBROS EN GALEGO E DESTE
XEITO APRENDÍAN MOITAS COUSAS E XOGABAN A SER OS PERSONAXES DESES
CONTOS.

E
ASÍ FOI MEDRANDO NO SEU BARRIO E COMO ERA MOI BO ESTUDANTE CHEGOU Á
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ONDE FIXO DÚAS CARREIRAS: DEREITO E FILOSOFÍA E
LETRAS. AO LOGO DE TODA A SÚA VIDA SEMPRE ESCRIBIU POESÍA, TEATRO E
SEMPRE ESTIVO COLABORANDO PARA A DEFENSA DA LINGUA E A CULTURA GALEGA. EN 1927 INGRESA NO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS PARA INVESTIGAR E DIFUNDIR O PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA.

FOI PROFESOR NO COLEXIO FINGOI DE LUGO.

MAIS
TARDE MARCHOU A VIVIR A SANTIAGO, ALÍ ESTIVO DE PROFESOR NO INSTITUTO
QUE LEVABA O NOME DA SÚA ESCRITORA FAVORITA, ROSALÍA DE CASTRO, E TAMÉN
DABA CLASES NA UNIVERSIDADE.

ESCRIBIU MOITÍSIMOS LIBROS E CHEGOU A SER O PRIMEIRO CATEDRÁTICO UNIVERSITARIO DE LINGÜÍSTICA E LITERATURA GALEGA DA HISTORIA.

XUBILADO
COMO PROFESOR, OS ÚLTIMOS ANOS DA SÚA VIDA DEDICOUNOS A DAR
CONFERENCIAS, PUBLICAR ARTIGOS E SEGUIR CO SEU TRABALLO LITERARIO.
O 25 DE MARZO DE 1990 FALECEU EN SANTIAGO.

ANACOS DE OBRAS DE CARVAHLO CALERO
As pitas baixo a chuvia
Moito
quería eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo
ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra en procura de
vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía os ovos que anunciaban co
seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran
tan estreitas as relacións entre min e eles que nos comunicabamos co
pensamento. Tanto amor sentía o neno Ricardo por aquelas aves que un día
que comezou a chover saíu veloz a socorrelas: Como ía deixar que a auga
podrecese os ósos dos pobres animais? Quizais os catarros, as
pulmonías, o reuma non existían para as galiñas? O meu pai dicía que as
súas plumas eran impermeables, mais isto non o podía crer eu.
Cantigas de berce
Durme,
meniño, no teu berce ;durme, que os montes están cheos de neve. Durme,
meniño, no teu barrelo; durme, que os montes están cheos de medo. Durme,
meu neno. Durme, que cando sexa primavera ti choutarás polas floridas
veigas.
Os tumbos
A
casa tiña unha horta na que eu pasaba o día escoitando o merlo que
asubiaba na cerdeira, espreitando os niños das formigas e das avespas,
collendo saltóns e arrenréns ou enxergando os xeitos dos coellos e das
galiñas. Dende había anos, alí pasabamos o verán. Pola azotea daba eu
voltas no meu triciclo. E así esvaraba a miña vida de cazador de grilos e
miñocas.
viernes, 13 de marzo de 2020
MATRICULA CURSO 20/21
ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2020/2021 |
NORMATIVA
O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.
-
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO
- 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
- 5º Infantil (4 anos): 20 prazas.
- 6º Infantil (5 anos): 12 prazas.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do
1 ao 20 de marzo (debido a festividade do 19 de marzo e a aprobación do
día 20 como día non lectivo escollido por todos os centros de Vilalba, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o martes 24 de marzo).
HORARIO
De 9:30 a 11:30 h.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
- Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
- Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
- Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
- Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
- 2 fotografías tamaño carné.
- Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
- Cuestionario sobre a lingua materna.
- Opción sobre o ensino de relixión.
Estes tres últimos documentos pódense descargar picando aquí.
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN
- Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 24 de marzo.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
- Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.
- Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
IMPORTANTE
- Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
- O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
- No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.
- Segundo a Resolución de 26 de febreiro de 2020, para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado no curso 2020-2021, conforme o resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G". Así mesmo, as que afectan ao segundo apelido son as letras "E" e "X".
AVISO IMPORTANTE
XOVES, 12 DE MARZO DE 2020
Como medida preventiva fronte ao avance do CORONAVIRUS, a Consellería de Educación suspende a actividade lectiva dende o vindeiro luns 16 de marzo.
Informar ás familias do noso alumnado que mañá, venres 13 de marzo, a nosa escola permanecerá ABERTA (no horario habitual) para recibir o alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.
Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través desta páxina web.
|
XOVES, 12 DE MARZO DE 2020
A
última hora desta tarde recibimos da Consellería de Educación as
seguintes medidas que deberán adoptar todos os centros de ensino en
relación coa pandemia CORONAVIRUS (COVID-19), durante os 14 días naturais contados dende o luns 16 de marzo de 2020.
MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO
|
||
viernes, 28 de febrero de 2020
viernes, 31 de enero de 2020
viernes, 24 de enero de 2020
lunes, 9 de diciembre de 2019
martes, 3 de diciembre de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉRNERO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de Novembro tivemos a visita de Isabel Risco da compañia TRINKE TRINKE co contacontos "OS RATOS E RATIÑAS DE LONXEDETODO QUEREN APRENDER"
EDUCANDO NA IGUALDADE
EDUCANDO NA IGUALDADE.
Os días 18,19 e 20 de Novembro levouse a cabo na escola o programa "educar na igualdade" organizado pola ANPA coa colaboración do centro terapeútico MONDO.
Os días 18,19 e 20 de Novembro levouse a cabo na escola o programa "educar na igualdade" organizado pola ANPA coa colaboración do centro terapeútico MONDO.
viernes, 8 de noviembre de 2019
FESTA DO SAMAÍN
Chegou por fín a festa do Samaín e apareceu unha bruxa para contarnos un conto moiiiiii divertido!!!!!
martes, 29 de octubre de 2019
viernes, 25 de octubre de 2019
VOZ NATURA
LEVAMOS 22 ANOS FORMANDO PARTE DA FAMILIA DE VOZ NATURA E XA ESTAMOS EN MARCHA CO NOSO PROXECTO PARA ESTE CURSO, IMOS COLABORAR PARA FACER DESTE PLANETA UN MUNDO MELLOR
AS MOCHILAS VIAXEIRAS
AS MOCHILAS VIAXEIRAS EMPEZAN O SEU CAMIÑO, DURANTE TODO O CURSO VIAXARAN ÁS CASAS DE TODAS AS NENAS E TODOS OS NENOS PARA PODER GOZAR EN FAMILIA E COMPARTIR MOMENTOS DE LECTURA
BOA VIAXE !!
E CADA SEMANA RECORDA TRAER O TEU LIBRO E LEVAR UN NOVO
BOA VIAXE !!
E CADA SEMANA RECORDA TRAER O TEU LIBRO E LEVAR UN NOVO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































