lunes, 28 de septiembre de 2020

PRÉSTAMO DE LIBROS. CURSO 2020-2021

 

 


 

 

   NO VINDEIRO MES INICIAREMOS O PRÉSTAMO DE LIBROS. ESTE CURSO TERÁ CONDICIÓNS ESPECIAIS POR MOR DO COVID-19. ESPERAMOS QUE GOCEDES MOITO DAS LECTURAS QUE VOS TEMOS PREPARADAS.

jueves, 2 de julio de 2020

FIN DE CURSO

A BIBLIOTECA DA EEI DE VILALBA DESÉXAVOS  UN FANTÁSTICO  VERÁN

Resultado de imagen de dibujos libro abierto | Teacher classroom ...



LER E SOÑAR COS OLLOS ABERTOS!!!

lunes, 11 de mayo de 2020


LETRAS GALEGAS 2020

Na semana das nosas letras o equipo de biblioteca quere achegarvos ao homenaxeado deste ano. 


LETRAS GALEGAS 2020



                                           
EN 1963, CANDO SE CUMPRÍAN  100  ANOS DA PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA, A REAL ACADEMIA GALEGA DICIDIU MARCAR NO CALENDARIO UN DÍA PARA FESTEXAR AS NOSAS LETRAS GALEGAS, POR ISO CADA 17 DE MAIO CELEBRAMOS QUE TEMOS UNHA LINGUA E UNHA LITERATURA PROPIA, O GALEGO.


 RICARDO CARVAHLO CALERO

 
RICARDO CARVAHLO CALERO É O AUTOR AO QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO. NACEU O 30 DE OUTUBRO DE 1910 NA CIDADE DE FERROL. O SEU PAI ERA UN PEQUENO EMPRESARIO LOCAL E A SÚA NAI ATENDÍA A CASA E ENCARGÁBASE DO COIDADO DOS SEIS FILLOS.
 
ENCANTÁBANLLE OS CONTOS E CALQUERA MOMENTO ERA BO PARA ESCOITALOS.

 

DENDE MOI PEQUENO, RICARDO E OS SEUS IRMÁNS LÍAN LIBROS EN GALEGO E DESTE XEITO APRENDÍAN MOITAS COUSAS E XOGABAN A SER OS PERSONAXES DESES CONTOS.
 

E ASÍ FOI MEDRANDO NO SEU BARRIO E COMO ERA MOI BO ESTUDANTE CHEGOU Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ONDE FIXO DÚAS CARREIRAS: DEREITO E FILOSOFÍA E LETRAS.  AO LOGO DE TODA A SÚA VIDA SEMPRE ESCRIBIU POESÍA, TEATRO E SEMPRE ESTIVO COLABORANDO PARA A DEFENSA DA LINGUA E A CULTURA GALEGA. EN 1927 INGRESA NO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS PARA INVESTIGAR E DIFUNDIR O PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA.
  

FOI PROFESOR NO COLEXIO FINGOI DE LUGO.

MAIS TARDE MARCHOU A VIVIR A SANTIAGO, ALÍ ESTIVO DE PROFESOR NO INSTITUTO QUE LEVABA O NOME DA SÚA ESCRITORA FAVORITA, ROSALÍA DE CASTRO, E TAMÉN DABA CLASES NA UNIVERSIDADE.

ESCRIBIU MOITÍSIMOS LIBROS E CHEGOU A SER O PRIMEIRO CATEDRÁTICO UNIVERSITARIO DE LINGÜÍSTICA E LITERATURA GALEGA DA HISTORIA.
 

XUBILADO COMO PROFESOR, OS ÚLTIMOS ANOS DA SÚA VIDA DEDICOUNOS A DAR CONFERENCIAS, PUBLICAR ARTIGOS E SEGUIR CO SEU TRABALLO LITERARIO.
O 25 DE MARZO DE 1990 FALECEU EN SANTIAGO.
 


ANACOS DE OBRAS DE CARVAHLO CALERO


As pitas baixo a chuvia


Moito quería eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre min e eles que nos comunicabamos co pensamento. Tanto amor sentía o neno Ricardo por aquelas aves que un día que comezou a chover saíu veloz a socorrelas: Como ía deixar que a auga podrecese os ósos dos pobres animais? Quizais os catarros, as pulmonías, o reuma non existían para as galiñas? O meu pai dicía que as súas plumas eran impermeables, mais isto non o podía crer eu.


Cantigas de berce


Durme, meniño, no teu berce ;durme, que os montes están cheos de neve. Durme, meniño, no teu barrelo; durme, que os montes están cheos de medo. Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera ti choutarás polas floridas veigas.


Os tumbos 

A casa tiña unha horta na que eu pasaba o día escoitando o merlo que asubiaba na cerdeira, espreitando os niños das formigas e das avespas, collendo saltóns e arrenréns ou enxergando os xeitos dos coellos e das galiñas. Dende había anos, alí pasabamos o verán. Pola azotea daba eu voltas no meu triciclo. E así esvaraba a miña vida de cazador de grilos e miñocas.

AQUI ESTAMOS

viernes, 13 de marzo de 2020

MATRICULA CURSO 20/21


ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2020/2021

NORMATIVA 
O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO
  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
  • 5º Infantil (4 anos): 20 prazas.
  • 6º Infantil (5 anos): 12 prazas.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 1 ao 20 de marzo (debido a festividade do 19 de marzo e a aprobación do día 20 como día non lectivo escollido por todos os centros de Vilalba, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o martes 24 de marzo).

HORARIO
De 9:30 a 11:30 h.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
  • Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
  • Cuestionario sobre a lingua materna.
  • Opción sobre o ensino de relixión.

Estes tres últimos documentos pódense descargar picando aquí.


CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 
  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 24 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.


IMPORTANTE
  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.
  • Segundo a Resolución de 26 de febreiro de 2020, para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado no curso 2020-2021, conforme o resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G". Así mesmo, as que afectan ao segundo apelido son as letras "E" e "X".

AVISO IMPORTANTE





IMPORTANTE: SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA


XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

Como medida preventiva fronte ao avance do CORONAVIRUS, a Consellería de Educación suspende a actividade lectiva dende o vindeiro luns 16 de marzo.
Informar ás familias do noso alumnado que mañá, venres 13 de marzo, a nosa escola permanecerá ABERTA (no horario habitual) para recibir o alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.

Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través desta páxina web.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN AO CORONAVIRUS


XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

A última hora desta tarde recibimos da Consellería de Educación as seguintes medidas que deberán adoptar todos os centros de ensino en relación coa pandemia CORONAVIRUS (COVID-19), durante os 14 días naturais contados dende o luns 16 de marzo de 2020.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.

  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +

  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.

  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.

  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.

  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

 

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.

  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.

  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.






viernes, 31 de enero de 2020

                   30 de XANEIRO





 

DIA DA PAZ

                                          





                   29 de xaneiro 
            O PAÍS DOS MANDÓNS 





viernes, 24 de enero de 2020

martes, 3 de diciembre de 2019

25 N

 A nosa Escola quixo estar presente...


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉRNERO

            
                   DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   O 25 de Novembro tivemos a visita de Isabel Risco da compañia TRINKE TRINKE co contacontos "OS RATOS E RATIÑAS DE LONXEDETODO QUEREN APRENDER"




EDUCANDO NA IGUALDADE

                                  EDUCANDO NA IGUALDADE. 
        Os días 18,19 e 20 de Novembro levouse a cabo na escola o  programa "educar na igualdade" organizado pola ANPA  coa colaboración do centro terapeútico MONDO.









viernes, 8 de noviembre de 2019

FESTA DO SAMAÍN


Chegou por fín a festa do Samaín e apareceu unha bruxa para contarnos un conto moiiiiii divertido!!!!!



   

martes, 29 de octubre de 2019

SAMAÍN

AaaaH!

Segundo a tradición, nesa noite ocorren cousas máxicas e...aquí imos ver que pasa mañá.



 

viernes, 25 de octubre de 2019

VOZ NATURA




LEVAMOS 22 ANOS FORMANDO PARTE DA FAMILIA  DE VOZ NATURA E   XA ESTAMOS EN MARCHA CO NOSO PROXECTO PARA ESTE CURSO,  IMOS COLABORAR PARA FACER DESTE PLANETA UN MUNDO MELLOR

24 DE OUTUBRO DIA DAS BIBLIOTECAS


AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 AS MOCHILAS VIAXEIRAS EMPEZAN O SEU CAMIÑO, DURANTE TODO O CURSO VIAXARAN ÁS CASAS DE  TODAS AS NENAS E TODOS OS NENOS PARA PODER GOZAR EN FAMILIA E COMPARTIR MOMENTOS DE LECTURA

BOA VIAXE !!


 
  E CADA SEMANA  RECORDA TRAER O TEU LIBRO E LEVAR UN NOVO