sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

A nosa biblioteca acolleu, polo Día do Libro, un gran espectáculo. Cinco funcións do teatro de sombras: BO CAMIÑO, VALENTIÑO!






viernes, 23 de abril de 2021

MURAL DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

No Día do Libro estreamos mural no patio, fusionando o tema do proxecto trimestral, adicado ao Camiño, e a conmemoración do Día do Libro.

Á esquerda os embaixadores do Xacobeo, Xaco e Cami, e percorrendo o Camiño, fermosas ilustracións dos contos preferidos polos nosos nenos e nenas. 

domingo, 18 de abril de 2021

PROXECTO: BO CAMIÑO, BOA CAMIÑATA


Este trimestre levaremos a cabo un proxecto de centro adicado ao Camiño de Santiago. Este proxecto está incluído no Programa Voz Natura e leva por título: "BO CAMIÑO, BOA CAMIÑATA"


viernes, 2 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO (2 ABRIL)

No DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO (2 ABRIL) a nosa escola apoia a campaña da Confederación de Autismo de España: "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR".

O obxectivo é amosar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas e cualidades, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis respectuosa coa diversidade.






jueves, 1 de abril de 2021

UN TRIMESTRE CON ARTE

A arte foi o tema dos proxectos do 2º trimestre. Traballamos artistas recoñecidos como VAN GOGH, HERVÉ TULLET e JOAN MIRÓ.










miércoles, 31 de marzo de 2021

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Para despedir o 2º trimestre tivemos a honra de ter en concerto, na nosa escola, a "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA".

Agradecemos á ANPA a súa colaboración para que isto fose posible.



Se queredes ver algún vídeo do concerto, picade aquí. 

CONTO: "AMIGOS"

A profe Oliva cóntanos a historia de "AMIGOS".


viernes, 12 de marzo de 2021

CONTO: "POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS?

Hoxe a profe Marián trae un conto tradicional africano empregando o teatriño "Kamishibai": "POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS?"


viernes, 5 de marzo de 2021

CHARLA SOBRE A SAÚDE BUCODENTAL

 A profe Marta e o ratiño Pérez estiveron preparando xuntos unha charla bucodental para que todos os nen@s do cole saiban coidar moi ben, moi ben, os seus dentes. Ao final da sesión levamos un agasallo do cole para poñer en práctica todos estes consellos .

 


UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

 GRAZAS A COLABORACIÓN DA ANPA, TEMOS O PRIVILEXIO DE COMUNICAR QUE O VINDEIRO 26 DE MARZO, TERÁ LUGAR NO NOSO COLE, UN CONCERTO DA MESMIÑA, DA ÚNICA E INIMITABLE...

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 24 DE FEBREIRO CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, en honor ao aniversario do nacemento da emblemática escritora. Todos o nenos e nenas do cole fixemos un precioso mural para recordala.

 

martes, 16 de febrero de 2021

CONTO: "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"

Comezamos o CICLO DE CONTACONTOS! 

Cada mes teredes dous contos narrados pol@s mellores contadores de historias de todos os tempos...os/as profes da escola. Aquí vos deixamos "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO", por Marta N.


viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO

 Hoxe na escola tocou un pouco de festa!!! Agradecemos a colaboración da ANPA por eses postres de Entroido tan ricos!!




Unha  festa un pouco diferente pola situación que estamos vivindo, pero non deixamos de gozala tanto  pequenos/as como  maiores!!!



martes, 2 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

 

O 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ, no cole o venres botamos globos no exterior, elaboramos uns muíños de vento en común co resto dos coles de Vilalba e realizamos un mural que simboliza a unión de todos os corazóns.

 

 

PATIOS E PARQUE DINÁMICOS INCLUSIVOS

 Este curso as mestras e mestres deste cole comezamos  a aventura de facer dos nosos patios espazos dinámicos e inclusivos. E xa estamos vendo algún resultado.

 



martes, 26 de enero de 2021

VISITA DOS REIS MAGOS NO COLE

 As súas maxestades os Reis Magos viñeron dende oriente para recoller as nosas cartas e agasallarnos cunha chocolatina navideña.

 

 

viernes, 22 de enero de 2021

TALLER DE TURRÓN DE CHOCOLATE

 

Este foi o resultado do taller de turrón de chocolate realizado no Nadal gracias a donación que fixo unha empresa da vila.

 

 

CAMPAIÑAS DE NADAL

 Este Nadal fixemos unhas campás que penduraron na árbore da praza do Concello durante todas as Festas.


TALLER DE PAN

 No cole construímos un T-Rex xigante con osos que elaboramos de masa de fariña e sal.



DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

 

No DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE, tod@s xunt@s #BaixoOMesmoParaugas.

Como se estaba facendo estes últimos anos, a actividade foi común para todos os centros da vila, pero esta vez cada un no seu centro.

PROXETO DOS DINOSAURIOS

 

 

 No primerio trimestre as clases de 4 e 5 anos aprenderon moitas cousas sobre os dinosaurios.

 

 

 

 











 

O RATIÑO PRESUMIDO

 

A compañía TRINKE, TRINKE viñeron do PAÍS LONXEDETODO, para dramatizarnos e facernos disfrutar moitísimo co conto de OLIVER BUTTON É UNHA NENA e o conto do RATIÑO PRESUMIDO.

O noso agradecemento a ANPA por agraciarnos con este gran espectáculo.




OBRADOIROS DE IGUALDADE

 

Durante esta semana nos diferentes cursos leváronse a cabo, polas chicas de MONDO, uns obradoiros sobre a IGUALDADE E COEDUCACIÓN. O noso agradecemento a ANPA pola súa colaboración e traballo nesta actividade.

 

 

viernes, 30 de octubre de 2020

 CHEGOU O SAMAÍN!!!! 

 

 


          Na nosa escola fixemos moitos traballiños para festexar estas datas!!!








    Unha mestra da Escola, representou o conto de Corre Corre Cabaciña polas aulas.










viernes, 23 de octubre de 2020

 COMEZAMOS A NOSA ANDAINA ESTE CURSO!!

 

    O día 24 de outubro é o día das bibliotecas, por iso o noco cole comeza co préstamo de libros.




lunes, 28 de septiembre de 2020

PRÉSTAMO DE LIBROS. CURSO 2020-2021

 

 


 

 

   NO VINDEIRO MES INICIAREMOS O PRÉSTAMO DE LIBROS. ESTE CURSO TERÁ CONDICIÓNS ESPECIAIS POR MOR DO COVID-19. ESPERAMOS QUE GOCEDES MOITO DAS LECTURAS QUE VOS TEMOS PREPARADAS.

jueves, 2 de julio de 2020

FIN DE CURSO

A BIBLIOTECA DA EEI DE VILALBA DESÉXAVOS  UN FANTÁSTICO  VERÁN

Resultado de imagen de dibujos libro abierto | Teacher classroom ...



LER E SOÑAR COS OLLOS ABERTOS!!!

lunes, 11 de mayo de 2020


LETRAS GALEGAS 2020

Na semana das nosas letras o equipo de biblioteca quere achegarvos ao homenaxeado deste ano. 


LETRAS GALEGAS 2020



                                           
EN 1963, CANDO SE CUMPRÍAN  100  ANOS DA PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA, A REAL ACADEMIA GALEGA DICIDIU MARCAR NO CALENDARIO UN DÍA PARA FESTEXAR AS NOSAS LETRAS GALEGAS, POR ISO CADA 17 DE MAIO CELEBRAMOS QUE TEMOS UNHA LINGUA E UNHA LITERATURA PROPIA, O GALEGO.


 RICARDO CARVAHLO CALERO

 
RICARDO CARVAHLO CALERO É O AUTOR AO QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO. NACEU O 30 DE OUTUBRO DE 1910 NA CIDADE DE FERROL. O SEU PAI ERA UN PEQUENO EMPRESARIO LOCAL E A SÚA NAI ATENDÍA A CASA E ENCARGÁBASE DO COIDADO DOS SEIS FILLOS.
 
ENCANTÁBANLLE OS CONTOS E CALQUERA MOMENTO ERA BO PARA ESCOITALOS.

 

DENDE MOI PEQUENO, RICARDO E OS SEUS IRMÁNS LÍAN LIBROS EN GALEGO E DESTE XEITO APRENDÍAN MOITAS COUSAS E XOGABAN A SER OS PERSONAXES DESES CONTOS.
 

E ASÍ FOI MEDRANDO NO SEU BARRIO E COMO ERA MOI BO ESTUDANTE CHEGOU Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ONDE FIXO DÚAS CARREIRAS: DEREITO E FILOSOFÍA E LETRAS.  AO LOGO DE TODA A SÚA VIDA SEMPRE ESCRIBIU POESÍA, TEATRO E SEMPRE ESTIVO COLABORANDO PARA A DEFENSA DA LINGUA E A CULTURA GALEGA. EN 1927 INGRESA NO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS PARA INVESTIGAR E DIFUNDIR O PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA.
  

FOI PROFESOR NO COLEXIO FINGOI DE LUGO.

MAIS TARDE MARCHOU A VIVIR A SANTIAGO, ALÍ ESTIVO DE PROFESOR NO INSTITUTO QUE LEVABA O NOME DA SÚA ESCRITORA FAVORITA, ROSALÍA DE CASTRO, E TAMÉN DABA CLASES NA UNIVERSIDADE.

ESCRIBIU MOITÍSIMOS LIBROS E CHEGOU A SER O PRIMEIRO CATEDRÁTICO UNIVERSITARIO DE LINGÜÍSTICA E LITERATURA GALEGA DA HISTORIA.
 

XUBILADO COMO PROFESOR, OS ÚLTIMOS ANOS DA SÚA VIDA DEDICOUNOS A DAR CONFERENCIAS, PUBLICAR ARTIGOS E SEGUIR CO SEU TRABALLO LITERARIO.
O 25 DE MARZO DE 1990 FALECEU EN SANTIAGO.
 


ANACOS DE OBRAS DE CARVAHLO CALERO


As pitas baixo a chuvia


Moito quería eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre min e eles que nos comunicabamos co pensamento. Tanto amor sentía o neno Ricardo por aquelas aves que un día que comezou a chover saíu veloz a socorrelas: Como ía deixar que a auga podrecese os ósos dos pobres animais? Quizais os catarros, as pulmonías, o reuma non existían para as galiñas? O meu pai dicía que as súas plumas eran impermeables, mais isto non o podía crer eu.


Cantigas de berce


Durme, meniño, no teu berce ;durme, que os montes están cheos de neve. Durme, meniño, no teu barrelo; durme, que os montes están cheos de medo. Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera ti choutarás polas floridas veigas.


Os tumbos 

A casa tiña unha horta na que eu pasaba o día escoitando o merlo que asubiaba na cerdeira, espreitando os niños das formigas e das avespas, collendo saltóns e arrenréns ou enxergando os xeitos dos coellos e das galiñas. Dende había anos, alí pasabamos o verán. Pola azotea daba eu voltas no meu triciclo. E así esvaraba a miña vida de cazador de grilos e miñocas.

AQUI ESTAMOS

viernes, 13 de marzo de 2020

MATRICULA CURSO 20/21


ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2020/2021

NORMATIVA 
O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO
  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
  • 5º Infantil (4 anos): 20 prazas.
  • 6º Infantil (5 anos): 12 prazas.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 1 ao 20 de marzo (debido a festividade do 19 de marzo e a aprobación do día 20 como día non lectivo escollido por todos os centros de Vilalba, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o martes 24 de marzo).

HORARIO
De 9:30 a 11:30 h.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
  • Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
  • Cuestionario sobre a lingua materna.
  • Opción sobre o ensino de relixión.

Estes tres últimos documentos pódense descargar picando aquí.


CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 
  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 24 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.


IMPORTANTE
  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.
  • Segundo a Resolución de 26 de febreiro de 2020, para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado no curso 2020-2021, conforme o resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G". Así mesmo, as que afectan ao segundo apelido son as letras "E" e "X".

AVISO IMPORTANTE





IMPORTANTE: SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA


XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

Como medida preventiva fronte ao avance do CORONAVIRUS, a Consellería de Educación suspende a actividade lectiva dende o vindeiro luns 16 de marzo.
Informar ás familias do noso alumnado que mañá, venres 13 de marzo, a nosa escola permanecerá ABERTA (no horario habitual) para recibir o alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.

Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través desta páxina web.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN AO CORONAVIRUS


XOVES, 12 DE MARZO DE 2020 

A última hora desta tarde recibimos da Consellería de Educación as seguintes medidas que deberán adoptar todos os centros de ensino en relación coa pandemia CORONAVIRUS (COVID-19), durante os 14 días naturais contados dende o luns 16 de marzo de 2020.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.

  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +

  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.

  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.

  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.

  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

 

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.

  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.

  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.