As nosas pequenas e pequenos peregrinos percorreron o CAMIÑO DO NORTE, dende Irún ata Santiago de Compostela.
Esta é unha actividade que se enmarca dentro do proxecto integral do PLAMBE e o proxecto Voz Natura, titulado: "BO CAMIÑO, BOA CAMIÑATA"
As nosas pequenas e pequenos peregrinos percorreron o CAMIÑO DO NORTE, dende Irún ata Santiago de Compostela.
Esta é unha actividade que se enmarca dentro do proxecto integral do PLAMBE e o proxecto Voz Natura, titulado: "BO CAMIÑO, BOA CAMIÑATA"
A profe Ana recítanos unha fermosa poesía de Xela Arias, recollida no no famoso libro "DARÍO A DIARIO".💙
Este ano, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021, está adicado a Xela Arias.
Dende o equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega, deseñaron un tríptico informativo e didáctico para achegar a vida e obra desta escritora, poeta, traductora e defensora da lingua galega ao noso pequeno alumnado.
A nosa biblioteca acolleu, polo Día do Libro, un gran espectáculo. Cinco funcións do teatro de sombras: BO CAMIÑO, VALENTIÑO!
No Día do Libro estreamos mural no patio, fusionando o tema do proxecto trimestral, adicado ao Camiño, e a conmemoración do Día do Libro.
Este trimestre levaremos a cabo un proxecto de centro adicado ao Camiño de Santiago. Este proxecto está incluído no Programa Voz Natura e leva por título: "BO CAMIÑO, BOA CAMIÑATA"
No DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO (2 ABRIL) a nosa escola apoia a campaña da Confederación de Autismo de España: "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR".
O obxectivo é amosar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas e cualidades, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis respectuosa coa diversidade.
A arte foi o tema dos proxectos do 2º trimestre. Traballamos artistas recoñecidos como VAN GOGH, HERVÉ TULLET e JOAN MIRÓ.
Para despedir o 2º trimestre tivemos a honra de ter en concerto, na nosa escola, a "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA".
Agradecemos á ANPA a súa colaboración para que isto fose posible.
Hoxe a profe Marián trae un conto tradicional africano empregando o teatriño "Kamishibai": "POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS?"
A profe Marta e o ratiño Pérez estiveron preparando xuntos unha charla bucodental para que todos os nen@s do cole saiban coidar moi ben, moi ben, os seus dentes. Ao final da sesión levamos un agasallo do cole para poñer en práctica todos estes consellos .
GRAZAS A COLABORACIÓN DA ANPA, TEMOS O PRIVILEXIO DE COMUNICAR QUE O VINDEIRO 26 DE MARZO, TERÁ LUGAR NO NOSO COLE, UN CONCERTO DA MESMIÑA, DA ÚNICA E INIMITABLE...

O 24 DE FEBREIRO CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, en honor ao aniversario do nacemento da emblemática escritora. Todos o nenos e nenas do cole fixemos un precioso mural para recordala.

Comezamos o CICLO DE CONTACONTOS!
Cada mes teredes dous contos narrados pol@s mellores contadores de historias de todos os tempos...os/as profes da escola. Aquí vos deixamos "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO", por Marta N.
O 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ, no cole o venres botamos globos no exterior, elaboramos uns muíños de vento en común co resto dos coles de Vilalba e realizamos un mural que simboliza a unión de todos os corazóns.

Este curso as mestras e mestres deste cole comezamos a aventura de facer dos nosos patios espazos dinámicos e inclusivos. E xa estamos vendo algún resultado.
As súas maxestades os Reis Magos viñeron dende oriente para recoller as nosas cartas e agasallarnos cunha chocolatina navideña.


Este Nadal fixemos unhas campás que penduraron na árbore da praza do Concello durante todas as Festas.



No DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE, tod@s xunt@s #BaixoOMesmoParaugas.
Como se estaba facendo estes últimos anos, a actividade foi común para todos os centros da vila, pero esta vez cada un no seu centro.
A compañía TRINKE, TRINKE viñeron do PAÍS LONXEDETODO, para dramatizarnos e facernos disfrutar moitísimo co conto de OLIVER BUTTON É UNHA NENA e o conto do RATIÑO PRESUMIDO.
O noso agradecemento a ANPA por agraciarnos con este gran espectáculo.

Durante esta semana nos diferentes cursos leváronse a cabo, polas chicas de MONDO, uns obradoiros sobre a IGUALDADE E COEDUCACIÓN. O noso agradecemento a ANPA pola súa colaboración e traballo nesta actividade.

NO VINDEIRO MES INICIAREMOS O PRÉSTAMO DE LIBROS. ESTE CURSO TERÁ CONDICIÓNS ESPECIAIS POR MOR DO COVID-19. ESPERAMOS QUE GOCEDES MOITO DAS LECTURAS QUE VOS TEMOS PREPARADAS.
LETRAS GALEGAS 2020 |
![]() |
![]() |







