viernes, 28 de octubre de 2022

SAMAÍN 2022

Chegou o Samaín!! Un dos festexos que máis nos gusta do curso.

Toda a semana estivemos a preparar traballiños que expuxemos na entrada da nosa escola para crear un ambiente terroríficamente fermoso.

Chegado o día, todo comezou nas aulas cuns obradoiros de maquillaxe para caracterizarnos para a gran festa!! 

Tamén, puidemos desfrutar da representación do conto "A bruxa enrabechada";actividade proposta pola biblioteca. 

Despois, bailamos as cancións que estivemos preparando coa profe Fidelina, nas sesións de Inglés, e as que preparamos coa profe Oliva.

Finalmente, rematamos a festa con bailes de diferentes cancións de Samaín que nos encantan.

Pasámolo xenial!!!










miércoles, 26 de octubre de 2022

LA ESTRELLA ALCANZAR

Nesta semana adicada ás bibliotecas, convidamos ás familias a ver na escola a curtametraxe "LA ESTRELLA ALCANZAR". 

Unha historia chilena que aborda a importancia de inculcar aos nenos e nenas o gusto polo mundo máxico dos contos e libros, dende idades temperás.






martes, 25 de octubre de 2022

PROXECCIÓN "LA ESTRELLA ALCANZAR"

Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS convidamos ás familias á proxección da curtametraxe "LA ESTRELLA ALCANZAR". Unha historia de amizade e lectura que sucede nunha biblioteca escolar.


Día: Martes, 25 de outubro.

Hora: 18:00.

Lugar: Biblioteca EEI de Vilalba.



lunes, 24 de octubre de 2022

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA VIAXE


Coincidindo co Día das Bibliotecas, as mochilas viaxeiras comezan a súa viaxe polas casas dos noso alumnado. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS




Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro.

A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.


miércoles, 12 de octubre de 2022

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "OS NOSOS MAIORES"

Damos comezo o PDI, proposto pola BE, que estará adicado aos nosos maiores.

Este é o recunchiño que preparamos para recibir aos avós e avoas e bisavós e bisavoas que virán a cantar, contar contos de antes...e pasar un bo rato connosco.




viernes, 16 de septiembre de 2022

sábado, 28 de mayo de 2022

SAÍDA PLAN PROXECTA "VEXO, VEO XACOBEO"

O venres, 27 de maio, o alumnado de 5º e 6º de Infantil pasou o día en Compostela percorrendo os lugares máis emblemáticos da cidade.


Esta saída enmárcase dentro do PLAN PROXECTA "VEXO, VEO XACOBEO"; no que a nosa escola está inscrita.











sábado, 21 de mayo de 2022

"XII CARREIRA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS"

Onte, 20 de maio, celebrouse a "XII CARREIRA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS".

Unha xornada deportiva, musical e de convivencia organizada polo concello de Vilalba.




martes, 17 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Durante a semana previa ao "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", o alumnado da escola, estivo coñecendo a vida e obra do poeta homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán.


Asemade, tamén realizaron un mural colaborativo cun fermoso poema do homenaxeado.









sábado, 14 de mayo de 2022

CONCERTO DE MIGALLAS POLAS LETRAS GALEGAS

Conmemoramos o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" na compañía do grupo de teatro "MIGALLAS". 


Desfrutamos do seu álbum "CANTACONTOS" onde os contos, tradicionais ou de creación propia, son amenizados con cancións, música e baile.





jueves, 12 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA- ALUMNADO 6ºE.P DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

O alumnado de 6º de Primaria do "CEIP Antonio Insua Bermúdez" visitou a nosa escola para realizar unha actividade de dinamización da lectura.


Representaron, para o noso pequeno alumnado, contos infantís como "A vaca que puxo un ovo", "O asubío do avó", "Quen lle ten medo ao lobo? e "Primeira semana na escola de vacas", entre outros. 









lunes, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

Conmemoramos o DÍA DO LIBRO cunha xornada de teatro de sombras baseada no conto "Brancaneves e o 77 ananiños", da editorial Xerais.

Unha reinterpretación do clásico de Brancaneves que promulga a igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.





domingo, 10 de abril de 2022