lunes, 22 de mayo de 2023

XIII CARREIRA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres, 19 de maio, celebrouse a "XIII CARREIRA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS".

Unha xornada organizada polo concello de Vilalba, na que participaron todos os centros educativos da vila.









miércoles, 17 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Durante os días previos ao "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", o alumnado da escola, estivo coñecendo a vida e obra do escritor homenaxeado este ano: Franciso Fernández del Riego. 


Amosamos unha escolma das actividades realizadas. 








domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Conmemoramos o Día do Libro cunha proposta intercentros, organizada polo equipo de biblioteca e a coordinadora dos programas Inclúe-t e Emocióna-t. 

O alumnado do CEIP de Xermade visitou a nosa escola, o pasado venres, para representar a obra "O ATASCO". Despois, desfrutamos dunha merenda ao aire libre e dunha mañá de xogos no patio.



domingo, 2 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO (2 ABRIL)


No DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO, a nosa escola únese á campaña de Autismo España "Llamémoslo por su nombre", co noso infinito decorado polo alumnado e sostido polas mans do profesorado.

O infinito representa a diversidade e especifidade porque cada persoa autista é única e ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses.



viernes, 31 de marzo de 2023

NA BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

Despedimos o 2º trimestre coa "BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA".

Por niveis, o alumando, tivo que ir pasando unha serie de probas. Cada proba contiña pistas para atopar os ovos agochados.







domingo, 26 de febrero de 2023

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES DE VILALBA



O pasado venres, os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil, visitaron a Residencia de Maiores de Vilalba para cantarlles e bailarlles aos residentes cancións de onte, "O Pirimpimpín), e de hoxe, "Terra" das Tanxugueiras.

Esta fermosa e emotiva visita enmárcase dentro do CP Inclúe e do PDI "Os nosos maiores", proposto polo equipo de biblioteca para este curso.

jueves, 23 de febrero de 2023

ETERNA ROSALÍA

No día de hoxe, homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO. 

Elaboramos este fermoso mural onde, cada pombiña, recolle unha estrofa do poema "Adiós ríos, adiós fontes", escrito polo alumnado.


Ademais colaboramos co IESCHA (Instituto de Estudos Chairegos), no marco das Xornadas Rosalianas que está levando a cabo. O IESCHA, solicitou a colaboración dos centros educativos a vila para decorar pensamentos (flor favorita da escritora). 


Fai uns días, membros do Centro Ocupacional, viñeron a recoller eses pensamentos que no día de hoxe foron prantados no parque de Rosalía de Castro de Vilalba.






Agora, uns minutiños musicais para este día.


martes, 21 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023: "OS NOSOS MAIORES"

Como xa vén sendo habitual, o Entroido deste curso estivo vencellado ao tema do Proxecto Documental Integrado e do Programa Inclúe-t.

Unha viaxe ao noso pasado e ás nosas raíces.






lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ 2023

Conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

Preparamos un mural que levaba como lema "Unha ollada pola paz".

Tamén bailamos e acompañamos, coas nosas pandeiretas, a canción "Non hai fronteiras" das Tanxugueiras.

Finalmente fixemos voar 5 pombas para facer chegar o noso desexo de tolerancia, amor e respecto a todos os lugares do mundo.








sábado, 24 de diciembre de 2022

BO NADAL E FELIZ 2023!

Co mural de Nadal que preside o patio da escola, feito con adornos realizados polas familias empregando elementos naturais, desexamos a toda a comunidade educativa un 

FELIZ NADAL! 






jueves, 22 de diciembre de 2022

FESTA DE NADAL 2022

Broche final do trimestre coa visita das SS.MM. os Reis Magos e chocolate con churros.







miércoles, 21 de diciembre de 2022

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA

Un OBRADOIRO DE REPOSTERÍA para rematar o trimestre. 
Que ricos nos quedaron eses doces!!