Un ano mais a EEI de Vilalba participa na exposición da Microrrede da Terra Chá, este curso como tema:
“Do ser e do facer chairego”.
O acto terá lugar o vindeiro 18 de maio ás 10:15 horas no Museo do Castro de Viladonga. Esta exposición é o resultado dun traballo colaborativo desenvolto polos centros educativos que integran a Microrrede da Terra Chá, poñendo en valor a identidade, a cultura e as tradicións da nosa comarca. No acto de inauguración haberá varias intervencións para presentar diferentes oficios tradicionais relacionados e vinculados á nosa zona.
No noso caso, traballamos "do gran á tea: o camiño do liño" coas Mulleres do liño de Ínsua.
Aquí vos deixamos un pequeno adianto do que vai ser a exposición e que todos os nenos e nenas do cole iremos visitar o 29 de maio.




No hay comentarios:
Publicar un comentario