24 de febreiro: Día de Rosalía
O 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o
Día Internacional da Lingua Materna), e o día 24 de Febreiro o DIA DE ROSALIA
homenaxear a esta escritora é fundamental para as nosas Letras.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, facilitanos a ligazón á segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía", iniciado o ano pasado e promovido por esta Asociación.
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro, e tédelo dispoñíbel en:
https://www.youtube.com/watch?v=iiFgaEI3mgs
Agardamos que vos resulte interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario