INFORMACIÓN
Homenaxe a Castelao en Lugo
En Lugo, a biblioteca pública convida a cidadanía a se achegar á
vida e obra de Castelao a través dunha mostra bibliográfica que se
poderá ver ata o 14 de febreiro.
Ademais, o venres 30, ás 18 horas,
convidará os máis novos a participar no obradoiro de ilustración ‘Mundos
de papel’. Noemí López será a encargada de lles descubrir aos nenos e
nenas de 4 a 12 anos enxeñosas técnicas para trasladar ao papel o
imaxinario dunha historia. Para participar, cómpre inscribirse na sala
infantil da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario