Hoxe para rematar as actividades de Maio, o mes das LETRAS GALEGAS, tivemos contacontos Durante toda a maña tódalas nenas e nenos e profes da Escola pasamos pola Biblioteca .
Escoitamos os contos do "Galo traganoces", "A sopa verde", " A sopa queima" e " Hansel e Gretel" contados por Raquel que tivo o detalle de agasallarnos cunha pedriña cargada coa luz da lúa. Esa pedriña temos que gardala baixo o colchón ou nunha caixiña na mesiña de noite e nunca máis imos ter medo das bruxas e imos sempre ter bonitos soños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario