A musica con todo o seu potencial
para a
aprendizaxe e a transmisión afectiva das linguas, non podía faltar
na actividade que FalaRedes lles dedica aos máis pequenos: un
concerto para nenos e nenas de 0 a 12 anos e as súas familias, onde
poderán bailar, aprender e escoitar en directo as cancións do
libro-disco Tic
Tac Toc,
de Pablo Díaz.
Quen
mellor para propoñerlles aos nenos e nenas cancións para desfrutar
dunha tarde en familia e para seguir cantando no coche e na casa ca
este músico gañador do premio Martín Códax na categoría de
música infantil polo seu segundo traballo, Toc Toc (2013), e
autor, ademais, doutras propostas de éxito, como Tic Tac
(2010) e Xente miúda, moita fartura (2014).
No
concerto Tic Tac Toc, Pablo Díaz -acompañado de Diego Barral
(guitarras) e de Álex Fente (acordeón)- ábrese ao mundo dende a
lingua galega incorporando ritmos e sentires de latitudes diversas
(Brasil, Cuba, Os Estados Unidos…) sen abandonar os temas que
conforman o universo próximo dos nosos nenos e nenas. Poderedes
desfrutar desta actividade o vindeiro domingo 2 de abril no auditorio
Carmen Estévez ás 18:30h con entrada de balde.
Espectáculo
que pertence ao programa FalaRedes 2017 da Secretaría Xeral de
Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión
do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de
Galicia.
PÚBLICO
DESTINATARIO:
IDADE:
0 – 12 anosDURACIÓN: 50 minutos aprox.
LUGAR: Auditorio Carmen Estévez
HORA: 18:30h
Entrada
de balde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario