O OURIZO
Co seu ouro vello, moi
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o seu sol moi riseiro
o ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
- ouh, que medo...
de espiñas toda cercada
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña,
case un nada
e xa fuxiu a castaña...
Manuel María
No hay comentarios:
Publicar un comentario