lunes, 10 de marzo de 2014

EN MARZO NOVO MERCADIÑO

                                      " O MERCADIÑO DA PIRATA PATA DE LATA"

                        

viernes, 7 de marzo de 2014

8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA




                  DESDE A NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAMOS A LECTURA  DO LIBRO:


                               ¿  HAY ALGO MAS ABURRIDO QUE UNA PRINCESA ROSA ?       

miércoles, 19 de febrero de 2014

INFORMACION DESDE A BIBLIOTECA PARA OS MAIORES DA CASA


24 de febreiro: Día de Rosalía

O 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e o día 24 de Febreiro o DIA DE ROSALIA  homenaxear a esta escritora é fundamental para as nosas Letras.

A  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, facilitanos a ligazón á segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía", iniciado o ano pasado e promovido por esta Asociación.
    Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro, e tédelo dispoñíbel en:

https://www.youtube.com/watch?v=iiFgaEI3mgs

Agardamos que vos resulte interesante.

Bianfacuentos.com - Cuentos infantiles con humor

PINCHAR EN EL DIBUJO

Popularidad:
Idioma: español
Cuentos infantiles para grandes y niños de habla hispana, con humor, ilustrados a todo color y narrados oralmente. Para complementar los cuentos, cada uno tiene actividades sugeridas, ideales para que docentes, o madres y padres que quieran trabajar de manera original con estos textos.

viernes, 31 de enero de 2014

30 DE XANEIRO DE 2014

     Con motivo da celebración do DIA DA PAZ na nosa Escola fixemos diferentes actos. As familias colaboraron facendo debuxos para un gran mural





martes, 28 de enero de 2014

CONTOS DE RATIÑOS

       Representamos un conto do libro " Contos de ratiños".
Este libro podes encontralo na nosa Biblioteca.







lunes, 27 de enero de 2014

TODAS E TODOS ESCOITAMOS CONTOS

OLA!
Hoxe xuntamonos para escoitar "Como se debuxa un paiaso" da autora Gloria Fuertes. Carmela recitou un poema e Fany foino debuxando na pizarra.

                                                     Este é o resultado.Que vos parece?


viernes, 24 de enero de 2014

CANCION PARA A PAZ

                       
                                                            30 de Xaneiro DIA DA PAZ

                                                         Toquinho - Aquarela

jueves, 16 de enero de 2014

DIAN FOSSEY

 
Si vivira, hoxe, Dian Fossey tería  82 anos. Naceu en Estados Unidos e foi  zoóloga . É recoñecida  polo seu labor científico s os seus estudos feitos con gorilas nas montañas Virunga  entre Ruanda  e Congo. Foi asasinada en 1985 por cazadores furtivos.
 
RECOMENDAMOS PARA OS MAIORES DA CASA A LECTURA DO  LIBRO OU O VISIONADO DA PELÍCULA " GORILAS EN LA NIEBLA"
 


                                      EQUIPO DE BIBLIOTECA DA EEI DE VILALBA
 
                                Non te quedes coa curiosidade le a biografía de Dian Fossey !!!

jueves, 9 de enero de 2014

XA ESTAMOS AQUI

                    

                 Que teñades un bo ano lector !!!

                  

                  Desde hoxe a nosa biblioteca xa esta aberta para tod@s.

        

jueves, 19 de diciembre de 2013

UN LIBRO PARA NADAL

      Pensamos que o Nadal é bo tempo para compartir un conto cos pequenos da casa. Por eso cremos, que é unha boa idea, que Papá Noel e os Reis Magos pasen pola librería para mercar un contiño para despois deixar na árbore das nosas casas.
  

DESDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA BO NADAL E ATA A VOLTA

martes, 17 de diciembre de 2013

O APALPADOR

                                                     Libros para este tempo de Nadal                           

                                                    OS CONTOS DO APALPADOR


 

jueves, 5 de diciembre de 2013

MERCADIÑO DE LIBROS

             Hoxe 5 de Decembro comenzamos o 
              I  MERCADIÑO DE LIBROS
                                                          Entrada ao noso MERCADIÑO
                                
                                       

                                    Ana  a mamá de Alejandra Quintela axudando no mercadiño.
 

miércoles, 27 de noviembre de 2013

MERCADIÑO DE LIBROS

                                 REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
                  BIBLIOTECA DA ESCOLA DE EDUCACION INFANTIL DE VILALBA
   



                     Eu teño un libro que ti queres...e ti tes outro que quero eu

  

 Imos empezar co  I MERCADIÑO DE  LIBROS USADOS da nosa Escola.
 Durante tres días estivemos recollendo libros que, voluntariamente,  foi entregando o alumnado e as súas familias á escola. Agora, na proxima semana, imos  facer o intercambio. Cada un dos nenos/as que trouxeron libro levarán para a súa casa  outro que aportou  un compañeiro ou compañeira .
            Iremosvos  informando 

      


                       
                     

martes, 26 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

 
22 de NOVEMBRO
Recomendamos para todos e todas este libro que temos na Biblioteca.
O MAGOSTO da Editorial Galaxia
 
 
 

O 22 de Novembro a nosa Escola celebrou o magosto.  Comemos castañas ata fartar  e cansamos   de bailar grazas a Alba,  Felipe e Manuel que tocaron para animar a festa. Desde o noso Blog agradecemos a súa desinteresada colaboración .

miércoles, 20 de noviembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Día Universal do NENO: 20 de novembro.

 Hai moito tempo, despois da primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa Egantyne Jebb, á que encantabanlle os nenos e nenas, creou uunha orgaización no seu país para axudarlles.Pensou que deberían ter uns dereitos e viaxou ata Xinebra para contarllo ao Presidente da Cruz  Vermella, que era Gustav Ader.



Alí crearon a "Unión Internacional de Socorro a los Niños",  conseguiu que as Nacions Unidas se reunieran outra vez e  pensaran todas xuntas cales eran as cousas que necesitaban os nenos e nenas.

 Despois de moito traballo  lograron que no 1959 aprobaran a "Declaración dos Dereitos do Neno" na que se recollen os dez dereitos ou principios.

Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser alonxado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuita e obligatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

                    25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


                                                     
 Contos recomendados desde a Nosa Biblioteca para traballar a igualdade

Arturo e Clementina
O Segredo de Flor
Rosa Clara
O país dos Mandóns
Un papá  a la medida
El principe Ceniciento
Hay algo mas aburrido que una Princesa Rosa
Don Caballito de Mar

viernes, 8 de noviembre de 2013

SUSA HERRERA NA NOSA BIBLIOTECA


     
                          

                                SUSA HERRERA VISITA VILALBA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!!
Estamos de sorte!!! O luns temos unha sorpresa.... Ven a facernos unha visita a escritora e compositora Susa Herrera.


                        ...  E CHEGOU O LUNS