lunes, 26 de octubre de 2015

TECENDO NA ESCOLA

  OLA!!  O Venres 23 estivemos de festa na Escola.

  Primeiro saimos de visita ao IES Basanta Silva para ver a exposición de setas e cogumelos que tiñan feita os alumnos e alumnas.



 E despois fomos a un taller de tecido que tiñamos montado na Biblioteca da nosa Escola.





Noela a mamá de Africa da clase de 4 anos B ensinanos como facer coa lá para despois tecer no tear.  Este é o resultado





miércoles, 14 de octubre de 2015

CANCIÓN

Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos 


AS PANTASMAS


Pola noite saen do vello baúl

as pantasmas todas co seu traxe azul.

Uuu!Van decindo. Qué frio vai!

Uuu!Imos indo de acá para alá.

Vai tanta friaxe que levan tamén

a enorme bufanda que chega ata os pés.

Uuu! van decindo. Qué frio vai!

Uuu! Imos indo de acá para alá.

...polo Samaín








              Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos                                                                    

      

 ANIMATE A LER ESTE SAMAÍN HISTORIAS DE MONSTRUOS...
                                                                                  
Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos
       Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos

Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos             Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos                    Resultado de imaxes para libros infantiles de montruos

viernes, 9 de octubre de 2015

SAMAIN



SAMAÍN


En gaelico “Samaín” pode significar “fin do verán”.

É unha festividade de orixe celta. 

Celebrábase ao final da tempada das colleitas era considerada como o “Ano Novo Celta” co que comenzaba a chamada estación escura.

É practicada dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa (en Iberia en lugares como Galicia, o norte de Portugal, algunas zonas de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e en gran parte de León).




viernes, 2 de octubre de 2015

BIBLIOTECA

     

  LER É....SOÑAR,PENSAR,DIVERTIR,VIAXAR E APRENDER



      O lus 13 de Outubro abrimos a nosa Biblioteca ao préstamo. Ademais dos libros infantiles a Biblioteca tamén conten revistas e libros de temática educativa que serven para orientar a educación dos vosos fillos e fillas.

    Recordade que o préstamo semanal vai ser dun so libro durante 7 días. Na primeira páxina do libro ides atoar a datra límite para súa devolución.

   O equipo de Biblioteca vai poñer en marcha a " Mochila Viaxeira" Esta mochila vai viaxar á casa de tódalas nenas e nenos cunha variedade de libros que sirvan para que nais, pais e fillas e fillos podan gozar xuntos duns momentos de entretemento coa maxía dos libros.

    Pregámoslle que dende a casa, colaboren con nós no coidado dos libros pois son un ben común do que nos beneficiamos todos e todas. 


                                                                        GRAZAS



  

viernes, 18 de septiembre de 2015

OLA ...EMPEZAMOS!!

    Ola a todas e a todos o Equipo da Biblioteca da escola de Educación Infantil de Vilalba desexavos un MAGNIFICO curso 2015/2016



Resultado de imaxes para libros



viernes, 12 de junio de 2015

A BIBLIOTECA DESCANSA

         Xa estan colocadiños novamente tódolos libros nos andeis da Biblioteca. Agardan un novo curso para abrir as súas portas outra vez a tódalas nenas e nenos, a tódalas nais, a tódolos pais, a tódalas profes e a tódas cantas persoas se queiran achegar.
         Durante este curso a nosa Biblioteca prestou 1972 libros.
         Foi testigo de moitas representacións, de charlas, de contadores de historias, de busqueda de información,  en difinitiva, de moitisimas actividades nas que puidemos APRENDER, SOÑAR E IMAXINAR
         Agora pecha as súas portas durante o verán.
         Lembrade que  segue aberta a Biblioteca Municipal da que todas e todos sodes socias e socios. 
         É unha boa idea LER EN VACACIÓNS

                                                                           Equipo de Biblioteca da EEI de Vilalba

                                                   
                        

miércoles, 3 de junio de 2015

" VOZ NATURA "


 
     CULTIVAMOS ...

                 TEMOS HORTO...

                                            TEMOS XARDÍN...

                                                             SOMOS ECOLÓXICOS...  

A nosa Escola, un ano máis, participa na festa do Medio Ambiente "VOZ NATURA" 2015 expoñendo os traballos realizados polas nenas e os  nenos para esta exposición.
 










                 

sábado, 30 de mayo de 2015

COCIÑANDO CONTOS

               Hoxe para rematar as actividades de Maio, o mes das LETRAS GALEGAS, tivemos contacontos  Durante toda a maña tódalas nenas e nenos e profes da Escola pasamos pola Biblioteca .
             Escoitamos os contos do "Galo traganoces", "A sopa verde",  " A sopa queima" e " Hansel e Gretel" contados por Raquel que tivo o detalle de agasallarnos cunha pedriña cargada coa luz da lúa. Esa pedriña temos que gardala baixo o colchón ou nunha caixiña na mesiña de noite e nunca máis imos ter medo das bruxas e imos sempre ter bonitos soños.




OS DE 4 ANOS APRENDEMOS A FACER QUEIXO !!

    Estivemos na casa de Samuel, da clase da profe Merce,  en Oleiros.  O seu pai Tico, ensinounos como facian os queixos e probamolos. A nai de Samuel e a súa avoa  tamen estiveron acompañandonos. Aprendemos moitas cousas.





.

miércoles, 27 de mayo de 2015

Charla con ELENA IGLESIAS

     A PSICOLOGA  ESPECIALIZADA EN PSICOLOXIA INFANTO-XUVENIL  ELENA IGLESIAS ESTIVO NA NOSA ESCOLA. 

    AS NAIS E PAIS DO NOSO ALUMNADO PUIDERON GOZAR DUNHA INTERESANTE E AMENA CHARLA,  ESTA TARDE, NA NOSA BIBLIOTECA
     FOI A SEGUNDA CHARLA QUE TIVEMOS NESTE CURSO DIRIXIDA POR ELENA AS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO.
     NESTA OCASION TRATOUSE O TEMA:

 "A ARTE E A MUSICA COMO ELEMENTOS IMPORTANTISIMOS NA EDUACION DAS NENAS E DOS NENOS"

 





viernes, 15 de mayo de 2015

17 de Maio DIA DAS LETRAS GALEGAS

                                       EN GALICIA....
        17 de Maio .
              Este ano Xosé Filgueira Valverde


AVIFAUNA E PASEO POR LUGO


O Mércores 13 de Maio en AVIFAUNA e en LUGO


GOZAMOS COS ANIMAIS E A NATUREZA E APRENDIMOS MOITAS COUSAS



                                                     
                                                      Os nenos e nenas de 3 e 4 anos




                           ... E DESPOIS,  PASEANDO POR LUGO





VISITA AO MUNCYT

ALUMNADO DE 5 ANOS

O día 8 de Maio visitamos o MUNCYT, esta actividade foi orgaizada dende a Biblioteca da Escola e dentro do Proxecto "VOZ NATURA"









jueves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL DIA DO LIBRO

  Hoxe na nosa Escola
  festexamos o día do libro!!




Como non podía ser doutra maneira , hoxe, fixemos unha visita á Biblioteca Municipal.
 Alí, Teresa, explicounos moi ben como funciona unha Biblioteca. E entregounos o carné de usuario de balde por ser o día 23 de Abril.
  Despois fomos ao salón de actos da Biblioteca a escoitar un conto " CATARINA E O OSO".
  Foi unha sorpresa que tiñan preparadas as profes para todos nosoutros. Ana e Fany as profes de cinco anos representaron o conto e a profe Carmela actuou de narradora.






lunes, 23 de marzo de 2015

VISITA A CORREOS

          O alumnado de 5 anos xunto coas súas titoras estiveron visitando a oficina de Correos. Cada nena e neno enviou a súa carta. Aprenderon moitas cousas sobre o funcionamento da oficina, do traballo das carteiras e dos carteiros, do reparto,da clasificación das cartas  e de como viaxan as cartas dun lado para outro.


     Foron moi atentos con todos nosoutros e tivemos un agasallo, unha"hucha" para gardar os aforros  en forma de buzón.
                                                  O NOSO AGRADECEMENTO