sábado, 30 de mayo de 2015

COCIÑANDO CONTOS

               Hoxe para rematar as actividades de Maio, o mes das LETRAS GALEGAS, tivemos contacontos  Durante toda a maña tódalas nenas e nenos e profes da Escola pasamos pola Biblioteca .
             Escoitamos os contos do "Galo traganoces", "A sopa verde",  " A sopa queima" e " Hansel e Gretel" contados por Raquel que tivo o detalle de agasallarnos cunha pedriña cargada coa luz da lúa. Esa pedriña temos que gardala baixo o colchón ou nunha caixiña na mesiña de noite e nunca máis imos ter medo das bruxas e imos sempre ter bonitos soños.




OS DE 4 ANOS APRENDEMOS A FACER QUEIXO !!

    Estivemos na casa de Samuel, da clase da profe Merce,  en Oleiros.  O seu pai Tico, ensinounos como facian os queixos e probamolos. A nai de Samuel e a súa avoa  tamen estiveron acompañandonos. Aprendemos moitas cousas.





.

miércoles, 27 de mayo de 2015

Charla con ELENA IGLESIAS

     A PSICOLOGA  ESPECIALIZADA EN PSICOLOXIA INFANTO-XUVENIL  ELENA IGLESIAS ESTIVO NA NOSA ESCOLA. 

    AS NAIS E PAIS DO NOSO ALUMNADO PUIDERON GOZAR DUNHA INTERESANTE E AMENA CHARLA,  ESTA TARDE, NA NOSA BIBLIOTECA
     FOI A SEGUNDA CHARLA QUE TIVEMOS NESTE CURSO DIRIXIDA POR ELENA AS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO.
     NESTA OCASION TRATOUSE O TEMA:

 "A ARTE E A MUSICA COMO ELEMENTOS IMPORTANTISIMOS NA EDUACION DAS NENAS E DOS NENOS"

 





viernes, 15 de mayo de 2015

17 de Maio DIA DAS LETRAS GALEGAS

                                       EN GALICIA....
        17 de Maio .
              Este ano Xosé Filgueira Valverde


AVIFAUNA E PASEO POR LUGO


O Mércores 13 de Maio en AVIFAUNA e en LUGO


GOZAMOS COS ANIMAIS E A NATUREZA E APRENDIMOS MOITAS COUSAS



                                                     
                                                      Os nenos e nenas de 3 e 4 anos




                           ... E DESPOIS,  PASEANDO POR LUGO





VISITA AO MUNCYT

ALUMNADO DE 5 ANOS

O día 8 de Maio visitamos o MUNCYT, esta actividade foi orgaizada dende a Biblioteca da Escola e dentro do Proxecto "VOZ NATURA"









jueves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL DIA DO LIBRO

  Hoxe na nosa Escola
  festexamos o día do libro!!




Como non podía ser doutra maneira , hoxe, fixemos unha visita á Biblioteca Municipal.
 Alí, Teresa, explicounos moi ben como funciona unha Biblioteca. E entregounos o carné de usuario de balde por ser o día 23 de Abril.
  Despois fomos ao salón de actos da Biblioteca a escoitar un conto " CATARINA E O OSO".
  Foi unha sorpresa que tiñan preparadas as profes para todos nosoutros. Ana e Fany as profes de cinco anos representaron o conto e a profe Carmela actuou de narradora.






lunes, 23 de marzo de 2015

VISITA A CORREOS

          O alumnado de 5 anos xunto coas súas titoras estiveron visitando a oficina de Correos. Cada nena e neno enviou a súa carta. Aprenderon moitas cousas sobre o funcionamento da oficina, do traballo das carteiras e dos carteiros, do reparto,da clasificación das cartas  e de como viaxan as cartas dun lado para outro.


     Foron moi atentos con todos nosoutros e tivemos un agasallo, unha"hucha" para gardar os aforros  en forma de buzón.
                                                  O NOSO AGRADECEMENTO

viernes, 6 de marzo de 2015

REPRESENTACION DO CONTO OS CHIVOS CHIVÓNS




                                    Actividade representada por dúas mamás e un papá do terceiro ciclo.

martes, 24 de febrero de 2015

viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO



                     ENTROIDO NA NOSA ESCOLA!!!






PREPARANDONOS PARA FESTEXAR E DEGUSTAR
...Orellas, Rosquillas, Filloas e Boliños Preñados.

  Grazas ás familias e a ANPA pola súa colaboiración na elaboración destes manxares de Entroido. 


  












viernes, 30 de enero de 2015

CANTAMOS Á PAZ

O noso agradecemento a Ana Fanego nai de Alejandro por compartir este día con nosoutros.


                                           

014

30 DE XANEIRO DIA DA PAZ

                                Bicos de Flores

Hai bicos de flores.
Hai flores de papel.
Hai flores como bicos.
Bicos con sabor a mel!

Son flores de bicos
Son bicos en flor.
Son bicos de flores
Flores de amor!

Hai bicos de cores.
Hai cores do amañecer.
Hai cores como bicos.
Bicos tenros de pracer!

Son bicos de aloumiños.
Son aloumiños do anoitecer.
Durmir arrolado por estrelas
Que fermoso é!


           "O libro dos bicos"
              Xosé luna Sanmartín








jueves, 29 de enero de 2015

BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

 

 INFORMACIÓN

Homenaxe a Castelao en Lugo

      En Lugo, a biblioteca pública convida a cidadanía a se achegar á vida e obra de Castelao a través dunha mostra bibliográfica que se poderá ver ata o 14 de febreiro. Ademais, o venres 30, ás 18 horas, convidará os máis novos a participar no obradoiro de ilustración ‘Mundos de papel’. Noemí López será a encargada de lles descubrir aos nenos e nenas de 4 a 12 anos enxeñosas técnicas para trasladar ao papel o imaxinario dunha historia. Para participar, cómpre inscribirse na sala infantil da biblioteca.

miércoles, 28 de enero de 2015

Unha data para non esquencer.

    Hoxe, 27 de xaneiro,  conmemórase o 70 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz e é tamén o Día internacional das Vítimas do Holocausto. En todo o mundo, Auschwitz converteuse nun símbolo do terror, de xenocidio e de Holocausto.
   As detencións en masa de polacos estaban a aumentar máis aló da capacidade das prisións "locais" existentes. Inicialmente, Auschwitz ía ser un campo máis de concentración do mesmo tipo que os nazis estiveran establecendo desde principios de 1930. Funcionaba así ao longo da súa apertura, mesmo cando, a partir de 1942, tamén se converteu no máis grande dos campos de exterminio.


    Libro recomendado  para dar a coñecer este feito histórico para as nenas e nenos de 5 anos en adiante.....




viernes, 9 de enero de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA

                                             Bo día e bo ano a todas e a todos!!

   Xa temos a nosa Biblioteca de novo aberta para todos vosoutros.

                         O día 11 de xaneiro é o día dos usuari@s de Bibliotecas. Estan programadas moitas actividades para estes días nas diferentes Bibliotecas de toda Galicia.



 Seguro que cerca de donde vives tes unha biblioteca que esta agardando por ti.














sábado, 20 de diciembre de 2014

BO NADAL

    O noso agradecemento a todas as familias que colaboraron nesta fermosa tarxeta de Nadal.




           Cos nosos mellores desexos de Saúde, Tranquilidade e Paz.

                           Equipo da Biblioteca da EEI de Vilalba


EQUIPO DA BIBLIOTECA DA ESCOLA

                                           O MELLOR AGASALLO UN LIBRO!!!



   Recomendacións de libros para este Nadal:

Cantos animais.
Cando nace un monstruo.
Quen lle ten medo a carapuchiña?
Amiga gallina.
Onga Bonga.
Toc-Toc.
A nena e o grilo nun barquiño.
Galiño pelado.
Ruidos , sombras e medos.
A casa do rato Renato.
Boas noites, Bufo!
Teño dúas casas.


  

COMO NOS DIVERTIMOS !

    Ola a todas e a todos que estades vendo o noso Blog. Aqui tedes unha pequena mostra do ben co pasamos na nosa Escola.

      XUNTOS CANTAMOS, BAILAMOS, RECITAMOS, REPRESENTAMOS CONTOS E XOGAMOS COAS PALABRAS.
    
     

Camaleón

Coello

Gatiño

Gorila

Riciños 3



TEATRO NA ESCOLA

 
RICIÑOS DE OURO











TALLER DE FROITAS

                           Andivemos  de cociñeiras e cociñeiros


                          Alimentación san para todo o mundo!!


   Con mazás, plátanos, kiwis, mandarinas,peras,  pexegos e piña elaboramos unha "brocheta"  de froitas …para chuparse os dedos.
    En tódalas clases fixemos estes talleres de froitas. En tres, catro e cinco anos